Temas: XUíZO INCENDIOS

Petición de máis de cinco anos de cadea para un acusado de nove incendios en Maceda en 2017

O home percorría o municipio no seu coche e cun chisqueiro para prender lume, segundo a fiscal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/05/2019 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense xulgará este xoves, 23 de maio, a un home acusado de causar nove pequenos incendios forestais, de menos dunha hectárea queimada, entre o 30 de xullo e o 3 de agosto de 2017. Fiscalía pide un total de cinco anos e medio de cárcere para este procesado, R.G.G., nun caso que procede do xulgado de instrución número dous de Ourense.

Segundo o escrito de acusación, o sospeitoso iniciou nove lumes en diferentes sitios do termo municipal de Maceda (Ourense), varios deles no mesmo día (ata cinco o 3 de agosto) en zonas como pistas forestais e marxes de estradas.

O home percorría o municipio no seu coche e cun chisqueiro para prender lume, segundo a fiscal. Ingresou en prisión o 3 de agosto de 2017 e actualmente está en liberdade.
Neste caso, a fiscal tamén interesa a apertura doutra peza co fin de dirimir a responsabilidade civil do acusado polos danos producidos nunha leira que produciu a queima de piñeiros.

Incendio
Incendio | Fonte: Miguel Núñez

Temas: XUíZO INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta