Unha ruta organizada por Adega en Pontevedra axudará a coñecer as libélulas do río Lérez

Os participantes visitarán as masmas de Xunqueira de Alba, un humidal recuperado que agora constitúe un hábitat idóneo para varias especies de libélulas.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 18/05/2019 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Adega organizará este domingo, día 19, unha nova ruta a pé en Pontevedra, esta vez para coñecer as libélulas do río Lérez.

A actividade inclúese dentro da iniciativa 'Fauna d'aquí', dedicada ao coñecemento e posta en valor das especies ameazadas da fauna autóctona galega.

Durante a ruta, os participantes visitarán as masmas de Xunqueira de Alba, un humidal recuperado que agora constitúe un hábitat idóneo para varias especies de libélulas e onde coñecerán datos da súa vida. Remontando o Lérez, tamén poderán descubrir algún dos segredos que esconde a Illa das Esculturas.

Exemplar de libélula 'Macromia splendens'
Exemplar de libélula 'Macromia splendens' | Fonte: Genaro da Silva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta