O persoal eventual do Sergas convoca para este martes unha marcha para denunciar a "precariedade" do sector

O Sindicato de Profesionais da Sanidade Pública Galega (Prosagap) di que os sanitarios merecen unhas "condicións de traballo dignas, estabilidade e igualdade para todos os traballadores da Sanidade" porque "non" son "escravos de ninguén".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O Sindicato de Profesionais da Sanidade Pública Galega (Prosagap) organiza a IV Marcha do Persoal Eventual o vindeiro martes 21 de maio para dar "visibilidade á realidade que están a vivir".

A primeira marcha celebrouse hai 4 anos, o 16 de marzo de 2016, co obxectivo de acabar coa "precariedade" laboral dos sanitarios e para "facer visible a situación".

Segundo explicou o Sindicato mediante un comunicado, os sanitarios merecen unhas "condicións de traballo dignas, estabilidade e igualdade para todos os traballadores da Sanidade" porque "non" son "escravos de ninguén".

O sindicato engadiu que o número de afectados atópase por encima das cifras dadas polos responsables do SERGAS, que o sitúa por baixo dun 5%.

Así mesmo, engadiron que, despois da realización destas marchas, "a situación está a cambiar, pero aínda queda moito camiño" e que seguirán insistindo para ser escoitados e ter a "posibilidade de ter unha vida normal".

Tamén lembraron a "problemática" das OPEs en Galicia, que o Sindicato asegura que afecta a todas as categorías, pero especialmente á de enfermaría.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Dr Bacterio

E a CIG ,CCOO e UGT, onde andan ?

1 Gamela

pactando co Sergas o modelo de privatización da Sanidade Pública !!!