Evacuado un operario tras caerse duns seis metros de altura nun edificio en obras en Santiago

O suceso tivo lugar mentres o ferido traballaba nas obras dun edificio situado na Rúa Manuel Beiras en Santiago de Compostela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2019 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido na mañá deste luns ao precipitarse desde unha altura de seis metros mentres traballaba nas obras dun edificio situado na Rúa Manuel Beiras en Santiago de Compostela.

061 GALICIA - Arquivo
061 GALICIA - Arquivo

Segundo informou o 112 Galicia, efectivos dos servizos sanitarios informaron o servizo de emerxencias dos feitos minutos despois das 9,00 horas deste luns.

Tras iso, o 112 alertou á Policía Local e Nacional e tamén aos voluntarios de Protección Civil por se fose necesaria a súa colaboración. O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada que evacuou ao traballador ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, confirmaron fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta