Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/05/2019 | Actualizada ás 13:48
As farmacias da Coruña promoverán unha campaña para informar as enfermidades de transmisión sexual, ante o aumento dalgunhas infeccións, segundo expuxeron na presentación desta iniciativa.
O presidente do Colexio oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña, Héctor Castro, e a vicepresidenta, Marga Muñoz, presentaron, na sede da entidade, unha nova edición desta campaña, titulada 'ETS Dates'.
Vixente xa mediante carteis nas farmacias de provincia, incluirá a difusión a partir deste luns de vídeos na web e redes sociais do colectivo. Segundo a entidade colexial, en Galicia, desde 2011, está a rexistrarse un incremento de casos de sífilis e gonorrea, "que case se duplicaron". "Pero tamén outras como a clamidiase ou condilomas, desde 2010", explica.
En 2017, fíxose xa unha campaña con vídeos do humorista coruñés David Perdomo. Nesta nova edición, Perdomo lembrará, co humor como recurso, como identificar os síntomas destas enfermidades.
Ademais, durante este curso escolar medio centenar de farmacéuticos acudiu a centros escolares da provincia e aos cursos superiores da ESO e Bacharelato para informar aos máis novos sobre o risco destas enfermidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.