Temas: SILLEDA

Silleda acolle a máis de 4.000 persoas para os exames de certificados de profesionalidade

Esta é a 13ª edición destes exames que fan a Galicia "pioneira" desde 2009, tal e como destaca a Xunta. Nesta ocasión, os case 4.000 participantes realizarán máis de 15.000 probas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Case 4.000 persoas participarán este sábado en Silleda (Pontevedra) nas probas de avaliación en competencias clave que organiza a Xunta para obter certificados de profesionalidade destinados a traballadores que non posúan requisitos académicos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou Bacharelato.

Segundo explica o Goberno galego, esta acreditación, que se poderá obter en diferentes competencias --matemáticas, lingua galega, castelá e inglesa--, "incrementará as posibilidades de acceder a un posto de traballo".

Esta é a 13ª edición destes exames que fan a Galicia "pioneira" desde 2009, tal e como destaca a Xunta. Nesta ocasión, os case 4.000 participantes realizarán máis de 15.000 probas.

A páxina web da Consellería de Economía permite consultar a listaxe de admitidos e excluídos, así como a porta do pavillón que corresponde a cada persoa, tanto para as quendas de mañá como de tarde.

Exames en Silleda (Pontevedra)
Exames en Silleda (Pontevedra)

Temas: SILLEDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta