A Xunta reivindica en Bruxelas que Galicia produce o 20% da acuicultura europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, indicou que Galicia é un dos referentes mundiais desta industria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (UE), Jesús Gamallo, presidiu este mércores en Bruxelas unha sesión de traballo sobre retos da acuicultura, na que reivindicou a achega da produción galega a nivel europeo neste sector, xa que supón o 20% do total.

No debate, organizado pola comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), tratouse a importancia da industria acuícola como medio de crecemento económico, de xeración de emprego e de resposta ás crecentes necesidades alimentarias dos Estados membros da Unión.

Deste xeito, Jesús Gamallo defendeu a gran achega de Galicia en materia de produción acuícola, cun 20% do total de peces e mariscos criados na Unión Europea --con especial énfase no mexillón--, que sitúan á Comunidade galega como un dos referentes mundiais desta industria.

Así mesmo, destacou a importancia da acuicultura sustentable como elemento de desenvolvemento económico, ademais de asegurar que "convén mellorar a produción europea e facer un esforzo para mellorar a competitividade, a calidade e o valor engadido dos produtos acuícolas para reverter o patente desequilibrio entre a produción asiática e a europea". Para o alto cargo da Xunta, "as importacións de peixe e marisco de Asia exercen unha presión cada vez maior, en termos de prezo e volume de produción, sobre os produtores acuícolas de Europa".

Bateas de cultivo de mexillón nas rías galegas. C.R. MEXILLÓN DE GALICIA - Archivo
Bateas de cultivo de mexillón nas rías galegas. C.R. MEXILLÓN DE GALICIA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta