CSIF presenta unha demanda ante o TSXG para que a Xunta pague a carreira profesional ao persoal temporal

O sindicato CSIF presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha demanda de conflito colectivo para que se declare o dereito dos traballadores temporais a percibir o complemento "nos mesmos termos e condicións" que o persoal laboral fixo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2019 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

O sindicato CSIF presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha demanda de conflito colectivo para que se declare o dereito dos traballadores temporais a acceder á carreira profesional e percibir o complemento "nos mesmos termos e condicións" que o persoal laboral fixo.

Neste sentido, reclaman a nulidade das cláusulas do Acordo de Concentración subscrito por CC.OO. e UXT "que obrigan ao persoal laboral a funcionariarse para poder acceder á carreira profesional e percibir o complemento.

O sindicato lembra que con este conflito colectivo resultará "innecesaria a presentación de reclamacións" individuais e dáse "resposta ás numerosas peticións recibidas" por parte do persoal laboral. Doutra banda, o sindicato instou á Consellería de Facenda a implantar a xornada de 35 horas semanais para todos os empregados públicos, tras constatarse o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e débeda pública.

CSIF lembrou que o acordo asinado co Goberno de España o pasado 9 de marco prevé a posibilidade de negociar unha xornada inferior á actual, establecida en 37,5 horas semanais, a condición de que se cumpriron os citados obxectivos. Por iso, "nada impide que en Galicia se negocie", insistiu, engadindo que a Xunta é unha das comunidades "que peor retribúe aos seus empregados públicos".

José Brunete, á dereita (CSIF)
José Brunete, á dereita (CSIF) | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta