Feijóo di agora que Sánchez é o responsable da "desaceleración" da economía galega

Asegura que é por culpa de desaceleracións no ámbito naval e industrial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

O xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, responsabilizou ao Goberno do Estado encabezado polo presidente en funcións, Pedro Sánchez, da "desaceleración" experimentada pola economía galega no primeiro trimestre do ano, no que o produto interior bruto (PIB) de Galicia creceu un 0,4% en relación co anterior, de modo que a taxa anual de crecemento reduciuse ata o 2,3%.

Feijóo apunta ao Goberno de Sánchez como responsable da 'desaceleración' da economía galega. XUNTA
Feijóo apunta ao Goberno de Sánchez como responsable da 'desaceleración' da economía galega. XUNTA | Fonte: Europa Press

Feijóo fixo estas acusacións durante a súa comparecencia ante os medios tras o Consello da Xunta celebrado este xoves. Unhas acusacións a un goberno, o de Sánchez que estivo só nove meses no goberno, fronte aos máis de seis de Mariano Rajoy. Non é a primeira vez que Feijóo responsabiliza a outros gobernos. De feito, aínda lle bota a culpa ao bipartito tras dez anos no poder.

Con todo, o mandatario galego afirmou que a caída do crecemento en 3 décimas experimentada no primeiro trimestre de 2019 "en nada ten que ver coa economía galega desde o punto de vista interno", polo que apunta á xestión do Goberno español en ámbitos como o sector naval e industrial, especialmente no ámbito das plantas electrointesivas.

"É un xogo moi peligoroso. Se descoidamos as electrointensivas e se descoidamos naval, iso ten un impacto que contamina o crecemento da economía", engadiu Núñez Feijóo, que destacou que "case todos" os datos publicados polo Insituto Galego de Estatística (IGE) este xoves reflicten "aspectos positivos", como o aumento no consumo dos fogares ou o investimento das empresas.

Pero, segundo o presidente galego, estas cifras están afectadas o descenso dun 3,1% no sector industrial marcado por "un factor conxuntural", como a incidencia da meteoroloxía na produción de enerxía eléctrica, e a situación de industrias como Alcoa ou os estaleiros de Navantia en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mlón

pero este non solucionaba a crise economica en 45 días?