Temas: DENUNCIA DELITO

O Concello de Santiago denuncia a suplantación da súa identidade corporativa en carteis aparecidos na cidade

O Concello de Santiago denunciou este xoves a suplantación da súa identidade corporativa en carteis aparecidos en varias rúas, nos que se daba conta da posibilidade de pegar carteis ou facer grafitis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago denunciou este xoves a suplantación da súa identidade corporativa en carteis aparecidos en varias rúas, nos que se daba conta da posibilidade de pegar carteis ou facer grafitis en diferentes muros. A Policía Nacional abriu xa dilixencias respecto diso.

Segundo informou nun comunicado, o concello tivo coñecemento hai uns días da aparición de carteis nos que se utiliza a imaxe corporativa e a tipografía que habitualmente utiliza o consistorio para as súas comunicacións. Por mor desta situación, o goberno local decidiu denunciar a situación por se puidese ser constitutiva dalgún delito e xa se abriron dilixencias.

CA denuncia suplantación de identidade en carteles. COMPOSTELA ABERTA
CA denuncia suplantación de identidade en carteles. COMPOSTELA ABERTA

Temas: DENUNCIA DELITO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eu eu eu

era o que faltaba neste espectáculo esperpéntico... acusar a uns rapaces de pegar cartaez con tipos de letra parecidos jaajaja! Pártome