A Xunta aproba un programa para o retorno a Galicia de 14 investigadores "de alta cualificación"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou un programa que busca facilitar o retorno de 14 investigadores "de alta cualificación" e con "traxectorias consolidadas" para que desenvolvan en Galicia proxectos en empresas, organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos.

A iniciativa, que recibe o nome de Programa Talento Sénior, recibiu o visto e prace do Consello da Xunta na súa reunión deste xoves, na que tamén se aprobaron outras actuacións no ámbito da investigación como o proceso de acreditación dos campus universitarios e a convocatoria de 67 bolsas postodoctorais orientadas a persoal investigador.

O programa Talento Sénior conta cunha dotación orzamentaria de case un millón de euros que se destinará a financiar a contratación de 14 profesionais con máis de cinco anos de traxectoria.

Desempeñarán o seu traballo en entidades innovadoras --públicas ou privadas-- cun salario de mínimo de 40.000 euros anuais a través dun contrato indefinido ou de máis de tres anos de duración.

Feijóo apuntou que os candidatos deberán obter unha "puntuación mínima do 60 por cento" por parte do xurado, polo que podería "haber prazas vacantes porque o obxectivo é que volvan os mellores profesionais, non conseguir un número".

Investigadores do IDIS descobren que a identidade celular tumoral é clave para o desenvolvemento do cancro. IDIS
Investigadores do IDIS descobren que a identidade celular tumoral é clave para o desenvolvemento do cancro. IDIS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta