Miguel Anxo Fernández Lores: “Por que teño que retirarme da política se estou a gusto?”

O alcalde de Pontevedra leva 20 anos gobernando a cidade do Lérez e aspira a continuar no cargo catro anos máis. “Fraga estivo ata os 80 anos. O alcalde de Vigo ten 73 e di que se vai presentar 20 anos máis. Eu nunca faría semellante cousa”, asegura. Destaca que el aporta “experiencia e confianza” nunha lista que “sempre se renova”. Presume de cidade e modelo. Un modelo di “que é referente en todo o mundo”e que considera que volverá triunfar nestas eleccións. É crítico coas deputacións pero, apunta, “mentres existan pois temos que facer un bo traballo nelas para eliminar o caciquismo”. Sobre a campaña agresiva de grandes medios suliña: “todos sabemos que responden a grupos empresariais e ideolóxicos” e que “queren influír na campaña”.

Por Xurxo Salgado | Pontevedra | 23/05/2019 | Actualizada ás 21:49

Comparte esta noticia

Como vai a carreira electoral. Andas que non paras, non?

Fernández Lores co bastón de mando de Pontevedra
Fernández Lores co bastón de mando de Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

Si, xa nos últimos minutos. Como se di no argot deportivo estamos xa nos minutos de desconto.

 

Había tempo que non te entrevistaba. Eu penso que xa pasaron 13 anos da última vez que estiven contigo aí no despacho da alcaldía... E desde entón, cambiou moito Pontevedra, non?

E logo, ti non ves por Pontevedra?

Miguel Anxo Fernández Lores. Europa Press - Archivo
Miguel Anxo Fernández Lores. Europa Press - Archivo

 

Home. En 13 anos fun bastante e é certo que a vin cambiada. Pero supoño que serás ti quen poidas presumir máis deses cambios..

Si que cambiou, e moito. Especialmente a mentalidade da xente porque a xente é consciente de que estamos desenvolvendo un modelo urbano que é por onde teñen que cambiar as cidades. A xente fíxase en nós e así temos os premios que temos, e as visitas que temos e as peticións de asistencia a congresos. Falamos dunha cidade onde as persoas están por diante e onde se busca a recupración do espazo público. Falamos dunha cidade inclusiva, igualitaria. O que se chama cidade 4.0. porque tentamos desenvover unha enconomía innovadora. Todo o contrario do que defenden outros aquí na oposición que é que teñamos unha industria pesada no centro da cidade.

 

Supoño que falas de Ence. Cres que a loita que levades contra Ence ao final deu os seus froitos?

Pois abriuse unha porta que estaba fechada nos últimos tempos. Aquí o PP quixo que Ence permanecera na ría por todos os medios. Ao final marchou Elnosa, Tafisa e queda Ence. Pero como cidadáns de Pontevedra, como os de Marín e Poio, queremos recuperar a nosa ría e a deslocalizar esa empresa que terán que buscarlle ubicacións alternativas as administración central e autonómica. En todo caso, o futuro de Pontevedra non pasa por Ence, por Tafisa ou Elnoso, senón por unha cidade culta e respectuoso, respectuosa co noso patrimonio e medio ambiente e unha cidade que é innovativa e creativa.

 

Pero ao final foi un goberno do PSOE, de Pedro Sánchez, o que deu ese paso...

Pero foi o concello, e tamén Defensa da ría e non sei se alguén máis os que presentaron o recurso para que non siga aí logo de darlle unha concesión de máis de 75 anos. Pero o Goberno do PP fixo unha chapuza de informe e o que hai de fondo é un posicionamento do Goberno de Pontevedra e da cidade en contra. O novo goberno do PSOE o que fixo foi pedirlle un informe á Avogacía do Estado que o do PP non fixera. Por iso se abre unha porta razoable para que Ence marche da ría.

 

E destes 20 anos que levas de alcalde que logros concretos destacarías nese modelo de cidade que te?

Pois desenvolver un modelo que é un referente. Nós quitamos os coches do centro hai 20 anos cando había sectores relacionados co urbanismo moi en contra. E o máis importante para min foi o cambio da mentalidade da xente porque a cidadanía asume que facemos algo positivo. Hai unha percepción social de que iso é bo para os cidadáns e de que os pontevedreses e pontevedresas estean orgullosas da súa cidade.

 

Levas xa 20 anos cambiando mentalidades. E cres que ti es necesario para continuar ese traballo outros catro máis?

As melloras da cidade non se rematan nunca e se fan con incorporacións de todo o mundo. Pero eses cambios estamos traslandoos todos os días, tamén ao rural. Agora estamos cun proceso de recollida de residuos sólidos urbanos e de tratamento de biorresiduos porque queremos que sea referente. Estamos dinamizando a economía, apostando polas empresas para tentar facer venta online para competir con todas estas tecnoloxías. 

 

As famosas 4.0?

Está claro. Non podemos durmirnos nos loureiros. E se te despistas e non avanzas pois quedas atrás. Hai cidades que foron punteiras e que están quedando atrás por non prever o que ía pasar. E logo tamén estamos agora apostando co transporte á demanda. Tamén os taxis poden facer viaxes programados. Temos que traballar para dar solucións que sexan acaídas e posibles desde o punto de vista ambiental, social e económico. E tamén estamos traballando moito a favor do medio ambiente. E tamén estamos con parques forestais, plantando 500 pinos ao día e...

 

Pareces un vendedor...

Non é vender. É dar resposta a demanda da xente e non con solucións fracasadas. Temos que estar ao loro do que pasa no mundo e aplicalo aquí en Pontevedra para facer da cidade un referente. Atacamos os problemas de forma global cun proxecto holístico que cambia o paradigma. E por iso nos adaptamos aos tempos cambiantes en todos os ámbitos posibles, entre eles, o turismo.

 

Falaba dos teus 20 anos na cidade, agora queres repetir outros catro máis. Non estás canso?

Se ti o enfocas en algo personalizado en min.

 

Non o personalizo home. Digo que hai moi pouca xente no BNG que leve de alcalde tanto tempo. Iso é moi propio no PP, pero non no Bloque

Eu non son o que máis levo. Tamén están o alcalde de Poio ou o de Carballo. Pero o que hai que ter en conta que este é un proxecto colectivo dun equipo de xente que se renova sistemáticamente, con novas incorporacións. Eu podo ser a cabeza visible neste momento pero este é un proxecto colectivo de cidade que ten que ver co nacionalismo porque lle queremos a este país e a esta cidade e facemos as cousas cunha patena, un modelo propio adaptada ao país. 

 

Eu non critico o modelo de cidade do BNG, ollo, critico o modelo de perpetuación nos cargos. Porque no BNG tedes outros modelos como é o de Allariz. Estivo Quintana primeiro de alcalde, logo Paco e agora está Cristina. E cambiaron as persoas na alcaldía e seguiron sacando maiorías absolutas

Pero pasará en Pontevedra tamén porque eu non son eterno. Eu me volvo presentar porque teño folgos, forza, apoio da xente e gañas de traballar. Pero isto non ten porque ser eterno. En todo caso, o modelo de Allariz que, desde o punto de vista ideolóxico e de deseño do territorio é moi parecido ao noso, pero nunha vila máis pequena. 

 

Por iso che digo o modelo de cidades ou concellos do BNG, dicía o modelo de persoas. Non é hora xa de buscarte substituto ou sustituta para a Alcaldía de Pontevedra?

E por que, se eu estou a gusto?. A min me parece que é un mérito e unha ventaxa que teñamos un equipo, comezando por min, que iniciamos estre proceso transformador da cidade e iso nos dá unha experiencia moi grande e un coñecemento fondo da administración. Non vexo porque teñamos que cambiar iso. 

 

Xa Miguel Anxo. Pero iso é incongruente cando criticades alcaldes vitalicios do PP ou a Fraga por presentarse durante catro lexislaturas na Xunta

Pero Fraga estivo ata os 80 anos. O alcalde de Vigo ten 73 e di que se vai presentar 20 anos máis. Eu nunca faría semellante cousa. Eu teño agora 64 anos.

 

É dicir, vaste xubilar xa como alcalde. Iso de volver á medicina xa, nada de nada...

Non sei. Eu podo xubilarme cando queira. Podería xubilarme xa se ningún problema, pero non falamos diso, senón de que estamos moi a gusto traballando aquí e temos ideas e proxectos para esta cidade. Se tivera setenta e pico pois igual si, pero non neste momento que estou no mellor momento da miña vida política e de producción porque hai experiencia e ganas de facer cousas. E se comezas a mirar, comezando por Trump e continuando por Merkel que están en activo cunha idade como a miña e non son os 80 anos de Fraga. Unha persoa con 64 anos está no mellor da súa vida.

 

Pero ti xa es avó e supoño que logo de 20 anos de alcalde igual queres exercer como tal...

Si, son avó pero eu teño tempo para todo. Pero xa che digo que non vou a estar eternamente aquí porque xa teño a decisión tomada xa.

 

Que tal a relación cos rivais políticos?

A relación persoal non ten que ver coa política. Pero sempre dixen con toda humildade que me gustaría ter unha posición de maior peso político. Pero se a alternativa que hai é volver atrás, pois non teño moita ganas de ter moita relación. E, sobre todo, se somos un referente, non é plan de volver atrás. Comprenderás que a vida na cidade é de convivencia e respecto. Por iso, afinade política, pouca.

 

Con ningún?

Pouca. Pois afinidade política, moi pouca. De feito houbo unha experiencia política neste mandato na que durante dous anos puxéronse dacordo o PSOE, PP, Ciudadanos e a marea para pactar xuntos, ata que os cidadáns se deron conta de que iso non foi o que votaran.

 

Pero Miguel Anxo, iso pasou tamén na Coruña ou en Compostela, co BNG tamén coincidindo en votacións con PP e PSOE e Ciudadanos

Non é o mesmo. Nós permitimos gobernos de progreso en todas as cidades.

 

Eu non valo de gobernos, falo de votacións concretas ao non entrar no goberno de ningunha destas cidades

Votacións puntuais pode ser, pero outra cousa é poñerse dacordo para sentarse todos para facer uns orzamentos alternativos, que non é o mesmo.  Que coincidan os catro niso é grave. O BNG non coincidiu co PP nos orzamentos en ningún sitio, nin tan sequera, sentarnos a falar con eles.

 

Ti agora aspiras a ter a maioría abosulta. E, senón a tes, sentarás con alguén para falar?

Pois dependerá dos resutlados. Neste mandato tivemos doce concelleiros e maioría importante pois consideramos que eses pactos non eran necesarios. Pero nós tamén temos esperiencia de gobernar en coalición. Dos tres mandatos, tres foron por coalicións. E o que ven xa se verá. 

 

E sería un fracaso non ter maioría absoluta?

Non creo. Os resultados para o BNG son espléndidos. Gustariame ter maioría absoluta pero depende dos cidadáns. Estivemos a punto pero tamén admito sempre os resultados das urnas

 

Sería histórico; a primeira gran cidade que pode gobernar o BNG por maioría absoluta...

Sería histórico pero será se os cidadáns o consideran así, pero non entro nestas consideracións. Se hai maioría absoluta, encantados, e senón, pois buscar apoios pertinentes. 

 

E como ves as municipais para o Bloque?

Hai unha mellora substancial. Hai unha reactivación, incremento en todas as cidades. O BNG estase recuperando e claramente en alza e defendendo o que consideramos conveniente. E as mensaxes son correctas e con confianza.

 

E como ves as europesas agora que vos asocian a independentistas e pro etarras?

Eu non tiño problemas en dicilo. Imos ir nesa lista porque é o xeito de estar en Europa e o traballo de Ana Miranda é moi positivo. E dígolle á xente que temos que sacar deputados porque precisamos 350.000 votos. E cada un defende o posicionamento que é o seu; os vascos o seu, os cataláns o seu e nós o noso. Temos que estar en todas as institucións que inflúen... no Parlamento Europeo, no do Estado, nas deputacións.

 

Tamén nas deputacións, porque algúns compañeiros teus, en Lugo, saíron a pedir o seu peche, cando vós estades gobernando na de Pontevedra...

A deputación depende da lexislación administrativa de acción local. Nós pedimos modificar esa lei porque non ten sentido que existan. Pero mentras existan pois temos que facer bo taballo, eliminar caciquismo e ser transparentes e traballar polos concello das provincias. E así se ve na Deputación de Pontevedra, onde está o BNG. Nos cremos que estamos facendo un traballo excelente nos residuos sólidos, na mellora de estradas, en patrimonio e cultura e en asuntos Sociais. Pero sempre 

 

Pero non é contradictorio que pidades a disolución e que logo gobernedes nelas?

Son crítico coa UE e etamos aí e tamén co Estado, e aspiramos a estar aí. Logo se dicimos de modificar a Constitución, pois nós encantados para modificar tamén estas institucións. A realidade é que segue habendo deputacions e cotas orzamentaria para gastar e o que queremos é que se gasten ben.

 

Hai certos medios que están sendo moi agresivos nesta campaña, especialmente, contra as mareas. En concreto La Voz de Galicia tivo que recificar este xoves por unha informar dun suposto xuízo a unha edil na Coruña. Non cres que están tentando influír no electorado?

Eu non sei ao que te refires con iso da Coruña. Pero o que está claro e que está dificilísimo e que tamén responden a intereses empresariais. Pero iso non é unha novidade.  Todo o mundo o sabe, tanto a nivel de estado, como de país, polas razóns que teñan. Non é o mesmo Radio María, a Cope ou Onda Cero. Inevitablemente os medios de comunicación responden a grupos empresariais e ideolóxicos e sempre tiveron influencia na campaña. En todo caso, os cidadáns teñen que ser o suficientemente intelixentes e críticos para saber valorar todas estas cousas. 

 

Eu teño moi presentes os últimos meses do bipartito. Con aquelas fotos de Quintana no Iate de Jacinto Rey ou os ataques a Fernando Blanco polo concurso eólico, por exemplo...

Nós temos que estar atentos a todo iso e transmitir o mellor posible os nosos plantexamentos e en todo caso que os cidadáns sexan críticos e saiban ler entre liñas. 

 

Supoño que serás lector de medios...

Eu leo algo.

 

Supoño que non será o As, non?

Non. Nin o As, nin o Marca, nin o Sport. Vexo deporte en televisión porque me gusta para relaxarme. Eu maioritariamente leo os medios locais, pero non leo medios, e é un erro porque, ás veces hai informacións interesantes. 

 

Pero serás consumidor de medios en galego, non?

Eu obviamente estou subscrito ao Sermos Galiza e leo  algo que me cae por aí, sobre todo, cando teño referencias en twitter ou Facebook. Soio entrar en artigos concretos. Pero ler regularmente medios dixitais non. Só a nivel local. Teño que recoñecer que teño que facelo máis do que o fago.

 

Xa non che pregunto se es lector do Galicia Confidencial porque supoño que non o tes entre os medios de cabeceira...

Non en serio. E que eu non leo moito os dixitais. E estou subscrito ao Sermos e tampouco o leo sempre, como tampouco leo La Voz de Galicia. Só para ver por onde van os tiros. Pero non é o que lle adico máis tempo. Gústame estar ao día a día pero tamén ter actividade familiar e que conciliar e relaxarme.

 

E que fas neses momentos libres?

Pois vou para casa. Vivo no rural. Teño unha casa en Marcón. Enredo pola orta. Vexo a tele. E como  teño catro fillos e tres netas pois ando con eles. E, se podo, pois viaxo algo coa muller. Vou tamén cos fillos; un fai fútbol e outro tenis de mesa e entón viaxamos moito porque xogan en ligas de fóra e andamos, ás veces, a Andalucía, Cataluña, Euskadi para velo xogar.  

 

Deixoche un minuto de ouro para convencer a algún dos nosos lectores?

Pois eu digo como digo na campaña. Que busquen, comparen e se atopen algo mellor, voten. Pero que voten co amor a Pontevedra, por diante, e se queren que Pontevedra, avance, que voten tamén polo BNG e que pensen moito o voto. Se pensan que votan por algunha alternativa de cidade, que é a nosa. Hai risco de volver atrás. Por iso, dicirlle á xente que o pense ben para non volver atrás. E por iso vete

 

Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo
Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Sho Gun

A entrevista (se se lle pode chamar iso ao que fai o entrevistador) non hai por onde collela. E o individuo que fai chamarse bendito chiringuito dame a sensación de que coñece Pontevedra de oídas. Ti non vivías en Pontevedra hai 25 anos verdade? O odio pode ser moi penoso, porque non recoñecer o evidente é de cegos. Con respecto á xente pois así é, vota o que quere, teñen as súas ideas e exprésanas votando como queren. Que non é o ideal que voten nas xerais o mesmo que nas municipais? Pois non, pero é así e valo ver en Santiago, Coruña, Ferrol..., como desaparecen as mareas do poder, e ademais aí porque o fixeron rematadamente mal (a diferencia de Lores). E é porque a xente vota o que quere. O voto é moito máis ideolóxico do que vos parece e por iso para as municipais votan un bo alcalde e para as xerais pois por exemplo o PP (e ocorre en moitos sitios).

1 Soliño

Pois será que o Lores non fai país? Que non é tan nacionalista como aparenta cando goberna? Que a súa presunta ideoloxía de esquerdas (declarado comunista, marxista-leninista, da UPG) non se fai notar? Que a pose de galeguismo (é do Bloque Navpcionalista Galego, na liña da autodeterminación como nación diferenciada, debe acreditar no galego como língua a desenvolver, na inmersión e na cultura propia) tampouco se reflexa tanto! Na cidade de Pontevedra, tras dúas décadas de mandato, nada!... Polo menos, transmitir ideáis, iso non o fai nin lle importa! O detalle non é menor: a Pontevedra nacionalista non existe! O xestor, iso é outra cousa... Importante, por suposto, para os administrados. Mais a diferenza, pasar dun aprobado a nota, non está presente non se agarda, logo o orgullo vai sobrado! E, final, por que será que no BNG había por estatutos limitación de mandatos e con algúns escollidos non se cumpre?

2 Sho Gun

Xa sabes soliño, vota polo pp, psoe, ciudadanos, marea, que polo visto deben cumprir todas esas características. O BNG fai o que pode, sacando auga do medio do deserto. Esta sociedade é como é e avanzou moito e dígocho eu que xa peino canas.

3 sermos mantidos

Non votar polos cómplices do sistema tamén é unha opción. E podes sentirte máis libre e decente! Non todo o mundo se vende, ou non nos deron aínda co prezo xusto... Os do BNG, barato, moi barato, case regalado para beneficio do PsoEspañol e para alimentar a recua de parásitos da casa, sempre entregando o País!

3 Bendito Chiringuito

Cambiou a mentalidade da xente? Pouco, pois Lores gaña nas municipais, nas galegas, estatais e europeas en Pontevedra arrasa o españolismo (co que colabora Lores: barbarie dos touros subvencionada, Bertín Osborne, Alaska, militarismo...). Pontevedra é un proxecto persoal ou colectivo? É culto ao Lores, por iso non hai recambio no BNG, representa culto ao líder supremo, sen relevo nin garantía de continuidade futura. En resumo, pan para os catro colegas de hoxe que fan negocio á sombra do poder local, e fame para o conxunto do nacionalismo presente e futuro. Un modelo curioso no local, con acertos limitados e silencios cómplices co españolismo, un auténtico fracaso nacional como país de cidadáns libres.

2 Xanc

Co que Lores fixo em Pontevedra, debería cobrar o triple do que cobra. Transformou a cidade ao 100 por 100 e non levou un peso. Voltar á Mediciña? Debería voltar Martiño que dende que se graduou non fixo unha garda e non transformou nin Teo. Por certo, entrevista moi sesgada por claros motivos persoais... Non falaron do Mundial de Triatlón, da potente oferta cultural, do comercio local e veto a grandes superficies comerciais, dos premios da cidade a nivel internacional, etc etc. Dicir que é o PSOE quen saca a Ence da ría é de risa e non saber, ou non querer saber, de qué parte está cadaquém. En fin...

1 Guillerme Gintonic

A limitación de mandatos no BNG, non vai con Lores nin con Evencio . Por certo: Lores de médico non cobraría o que cobra de alcalde