A Xunta aposta por "concienciar" aos galegos para que beban auga da billa e así "evitar miles de botellas de plástico"

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou que tanto a Consellería como Augas de Galicia "dan exemplo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2019 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, apostou este venres por "educar e concienciar" á sociedade para que beba auga directamente da billa e así "evitar o uso de miles de botellas de plástico".

"Desde Augas de Galicia facemos ese fomento de non utilizar auga embotellada e aí están exemplos claros, como esa colaboración que temos coa reserva da biosfera Mariñas-Betanzos e a promoción e fomento de fontes públicas", destacou Vázquez á prensa antes de acudir este venres a unha reunión cos gardas fluviais da Comunidade.

Neste sentido, subliñou que tanto a Consellería como Augas de Galicia "dan exemplo" e beben auga da billa, e insistiu que "ten que ser un labor de concienciación e educación de toda a sociedade", non só na súa vida diaria, senón tamén "na xestión e utilización da auga". "O máximo expoñente disto é o proxecto das fontes do Camiño de Santiago, para fomentar o seu uso e evitar a utilización de botellas", sentenciou a conselleria.

Xunta aposta por 'concienciar' á sociedade para que beba auga da billa e 'evitar miles de botellas de plástico'. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Xunta aposta por 'concienciar' á sociedade para que beba auga da billa e 'evitar miles de botellas de plástico'. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta