Rey Varela postúlase como a "opción difícil" en Ferrol capaz de cambiar "unha cidade totalmente paralizada"

"A miña petición para todos estes ferroláns que queren un cambio é que unan o seu voto ao noso proxecto e equipo" di o candidato do PP para a alcaldía ferrolá.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2019 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presentouse como a "opción difícil" para votar nestes comicios municipais, dado que aspira a que a cidade poida "iniciar unha nova etapa" tras pasar catro anos "totalmente paralizada".

Así o manifestou o candidato popular durante a mañá deste venres ao comezo dunha repartición de propostas polo barrio da Magdalena, onde considerou que "só hai dúas opcións" para o goberno desta cidade.

"A opción máis fácil, na que todo siga igual e tal e como sucedeu neste últimos catro anos, que se unan todos os partidos e que logo estean todo o mandato enfrontados os mesmos que previamente se xuntaron, cunha cidade totalmente paralizada" ou "a opción difícil, á que aspiramos tanto o meu equipo como eu, e que non é outra que Ferrol poida iniciar unha nova etapa, un cambio, un novo camiño que é o que agardan moitos ferroláns".

"A miña petición para todos estes ferroláns que queren un cambio é que unan o seu voto ao noso proxecto e equipo, xa que soamente unindo o voto seremos capaces de facer realidade ese cambio que Ferrol necesita e que a nós nos enche de ilusión, para o que nós estamos preparados se temos a confianza dos ferroláns".

Rey Varela tamén aproveitou a súa comparecencia ante os medios de comunicación para referirse a a campaña electoral que finaliza este venres, centrándose "en falar de Ferrol, do seu futuro e onde son os ferroláns os verdadeiros protagonistas este domingo".

FERROL
FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta