Tensión no final de campaña en Pazos de Borbén con denuncias cruzadas ante a Garda Civil

O concello denuncia pintadas con mensaxes políticas no ambulatorio móbil e Altenativa Veciñal as “ralladuras” do coche dunha das candidatas desta lista.

Por Galicia Confidencial | Pazos de Borbén | 24/05/2019 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

A campaña electoral en Pazos de Borbén remata con tensión. Tanto o concello, do PP, como Alternativa Veciñal, realizaron denuncias cruzadas ante a Garda Civil. Así, mentres os populares critican que apareceran pintadas en contra do PP e a favor desta alternativa política no ambulatorio móbil da localidade, a candidatura veciñas denuncia danos no coche dunha das súas candidatas.

Concentració para denunciar as deficiencias da Sanidade pública en Pazos de Borbén
Concentració para denunciar as deficiencias da Sanidade pública en Pazos de Borbén | Fonte: REmitida

Así, na mañá deste venres o vehículo particular de Victoria Couñago, candidata número tres por Alternativa Veciñal ao concello de Pazos de Borbén, “apareceu raiados por todos lados”. Uns feitos polos que a afectada presentou denuncia na Garda Civil.

Victoria Couñago e Alternativa Veciñal relacionan este incidente coa campaña electoral. Segundo denuncian, durante esta campaña Alternativa Veciñal está a ser obxecto de hostilidades máis alá da discusión política. “Rompéronnos carteis, roubáronnos pancartas, atacan as nosas propiedades persoais, fan pintadas no noso nome", apunta Victoria Couñago. “Estánse a sobrepasar todos os límites, isto non é política, é directamente delincuencia”, suliña.

O candidato de alternativa veciñal á alcaldía, Luciano Otero, apunta á gran tensión que se está a respirar nesta campaña electoral, “a posibilidade de algo tan normal nunha democracia como é un cambio de goberno está a provocar un auténtico terremoto en Pazos de Borbén. Parece que hai xente disposta a todo con tal de que non gobernemos”.

Por outra banda, o PP contraatacou a través do concello. Así, nun comunicado do propio consistorio se denunciou a aparición de pintadas de Alternativa Veciñal no centro de atención de saúde móbil da localidade.

Un feito que o concello tamén denunciou ante a Garda Civil. “Hay personas que no saben lo que tienen, que no respetan lo que es de todos y están muy faltos de educación”, dixo o alcalde, Andrés Iglesias, que indicou que “este ambulatorio móvil es una referencia en España. Recibe muchísimas visitas para copiar este modelo en todo el país e incluso exportarlo al extranjero. Los que mancharon este centro están manchando la imagen de nuestro concello a nivel internacional”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta