As patronais estudan se levan ao TSXG o plan de transporte da Xunta tras desestimarse o seu recurso

O presidente de Transgacar critica que o plan é insuficiente economicamente e avisa de que "conta con erros funcionais moi importantes" e de que vai crear "disfuncións" no servizo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2019 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

As patronais estudan se levan á Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o plan de transporte da Xunta, tras desestimar o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia o seu recurso presentado.

En declaracións a Europa Press, o presidente de Transgacar, Carlos García Cumprido, mostrou a súa desconformidade con esta resolución e explica que agora se "avaliará" se se recorre ao TSXG. Ao esgotarse a vía administrativa, as federacións de transporte sopesarán se acoden ao alto tribunal galego, para o que teñen un prazo de dous meses.

Sobre o plan de transporte, García Cumprido critica que é insuficiente economicamente, pero avisa de que "conta con erros funcionais moi importantes" e de que vai crear "disfuncións" no servizo.

Con esta resolución levántase a suspensión temporal que pesaba sobre o plan de transporte da Xunta, polo que se volve a abrir o prazo de ofertas.

A Xunta aprobou a licitación dos 100 primeiros contratos --para entrar en funcionamento en agosto-- de transporte público que operarán en Galicia durante a próxima década no marco da última fase do seu plan. Ao levantarse a súa suspensión temporal proseguirá agora con normalidade. Este plan inclúe 50 contratos máis que sairán a información pública a partir de xuño.

Ese centenar de contratos abarca unhas 2.000 liñas, das cales preto do 70% serán buses de uso compartido entre viaxeiros adultos e escolares. Supoñen un volume de negocio duns 630 millóns, dos cales uns 500 millóns proveñen das arcas da Comunidade.

EUROPA PRESS - Arquivo
EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta