Reclaman un imposto para a carne polo impacto ambiental da agroganadería

A asociación animalista Libera! e a Fundación Franz Weber piden a implatación deste imposto polo impacto ambiental da actividade agrogandeira.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2019 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera! e a Fundación Franz Weber reclaman a implantación en Galicia dun imposto climático para a carne polo impacto ambiental que causa a actividade agrogandeira.

Ambos os ONG pediron á Xunta que inicie o estudo sobre a idoneidade deste imposto e as posibilidades de aplicalo en Galicia nos próximos anos, "o que outorgaría fondos para desenvolver medidas de conservación ambiental e natural", explicaron nun comunicado.

Así mesmo, Libera! e Franz Weber recalcaron que "non se pode seguir ignorando o impacto da actividade agrogandeira na comunidade". "Como reflicten diferentes estudos ao longo destes anos, a súa pegada sobre o cambio climático é evidente e debe ser avaliada para que quen contamine pague", engadiron.

A modo de exemplo, a ONG destacaron que "o consumo de auga para producir un só quilogramo de carne vacúa supón empregar uns 15.000 litros segundo a FAO, mentres que a propia axencia internacional advirte de que o sector agrogandeiro emprega o 70% do consumo total hídrico do planeta".


Foto cedida.
Foto cedida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gustavo

E a estes animalistas que din animaladas, habería que decirlles que o impacto agrogandeiro en Galicia é: ter coidados os campos e parte dos montes, permitir que xente viva no rural e así coide de parte do entorno. Que un kilo de carne consume 15.000 litros? Paréceme unha desas lendas urbás que se repiten continuamente coma verdades. Contan a herba como litros de auga? Cantos litros de auga consume un ser humano na sua vida? Por outra banda, aplican ás explotacións galegas os estándares das macroexplotacións industriais a cuberto doutras zonas de España ou do mundo industrializado? En fin, que vaian rañala un pouquiño estas asociacións, totalmente distanciadas da realidade e do benestar de todos, humanos, animais e flora e floresta.

2 Fóra

Eles tamén consumen auga para ca..gar, lavar o coche, andar en avión. Que tipos. Acabar co pouco que mantén a poboación no rural. Despois virán sacar unhas fotos e nós diremos "si bwana", lo que mande bwana". O primeiro que hai qe facer é sacarlles as subvencións a asociacións coma esas e invertilos de verdade no medio.

1 uu1

Defendamos a natureza...acabando coa possibilidade de viver do campo. Todos a Madrid, não de dizer-nos o grande defensores que somos da natureza ... dos ranhaceos