A Xunta elimina un punto de vertedura contaminante ao río Longo en Ribeira

O punto de vertedura afectaba a este río ao seu paso por Serves.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2019 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas eliminou un punto de vertedura contaminante que afectaba o río Longo, tamén coñecido como río Vilaverde, ao seu paso por Serves, na localidade coruñesa de Ribeira.

Os técnicos de Augas de Galicia que realizaban labores rutineiros de control detectaron na parroquia de Olveira a presenza de contaminación a través dunha rede de recollida de augas pluviais e naturais, que desauga na marxe esquerda do curso fluvial. A problemática foi posta en coñecemento do concello, para que adoptase as accións necesarias.

Río
Río | Fonte: Arquivo GC

Na seguinte inspección realizada pola Xunta xa se comprobou que a administración local efectuara as accións necesarias, coa posta en servizo dun colector de saneamento e sistemas de impulsión para recoller as augas residuais.

Ademais, os técnicos de Augas de Galicia realizaron un novo control analítico na mesma zona do río e os resultados confirmaron que xa non había emisións contaminantes no punto de vertedura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta