Miguel Tellado non fai valoracións sobre as enquisas e falará "cando acabe o escrutinio"

O secretario xeral do PP galego declara que "en canto acabe o escrutinio dos 313 concellos sairemos a facer unha valoración".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 21:14

Comparte esta noticia



O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, evitou pronunciarse as primeiras enquisas a pé de urna das eleccións municipais en Galicia porque, dixo, "non teñen o costume" de facelo.

"En canto acabe o escrutinio dos 313 concellos sairemos a facer unha valoración", expresou o número dous dos populares galegos durante unha comparecencia de prensa media hora despois de coñecerse os datos da enquisa elaborada pola empresa demoscópica GfK para a CRTVG que reflicten que, do sete cidades, só en Ferrol o PP gañaría os comicios locais, pero sen maioría absoluta.

Cun panorama complicado para os populares nas urbes, Miguel Tellado preferiu non pronunciarse sobre este estudo a pé de urna e baseou a súa intervención en agradecer "a todos os traballadores públicos" que fixeron posible o "total desenvolvemento con normalidade" destas eleccións.

De igual modo, agradeceu o labor de "miles de interventores" e aos 313 candidatos que traballaron este 26 de abril "en todos os municipios de Galicia", posto que os populares contan con candidaturas en todos eles.

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, en rolda de prensa
O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta