Os galegos Nicolás González (PSOE) e Millán Mon (PP) serán eurodeputados e Miranda (BNG) terá escano rotatorio

O PSOE obtivo 20 representantes no Parlamento Europeo dos 54 que lle corresponden a España, seguido do PP, con 12 escanos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 23:58

Comparte esta noticia

Os galegos Nicolás González Casares (PSOE) e Francisco Millán Mon (PP) obtiveron asento no Parlamento Europeo nas eleccións que se celebraron este domingo. Ademais, a nacionalista Ana Miranda, en virtude do acordo da coalición Agora Repúblicas, volverá tomar posesión do escano 'rotatorio' ao longo da lexislatura que agora comeza.

Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas

Co 95,67 por cento de voto escrutado nestes comicios --de circunscrición estatal--, o PSOE obtivo 20 deputados dos 54 que lle corresponden a España, seguido do PP, con 12 escanos. Ciudadanos conseguiu sete escanos; Unidas Podemos, seis; Vox, tres; Agora Repúblicas, tres; Lliures per Europa, dous; e Coalición por una Europa Solidaria, un escano.

A coalición na que concorre Ana Miranda (BNG), Agora Repúblicas --na que participan ERC e EH-Bildu-- e que encabeza Oriol Junqueras, conseguiu tres escanos. A nacionalista galega ocupa o posto número 5, aínda que o acordo de coalición é repartirse o tempo de mandato entre este tres formacións políticas e está previsto que poida asumir o posto durante máis tempo polo aumento de votos.

Pola súa banda, queda fóra a ata agora eurodeputada Lídia Senra, que en 2014 concorreu na coalición Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) --Anova con Esquerda Unida-- e agora fíxoo co partido En Marea en coalición estatal con Compromís. Esta candidatura, Compromiso por Europa, queda sen representación no Parlamento Europeo.

Tampouco conseguiu representación a que fose senadora por En Marea, Vanessa Angustia, que nos comicios xerais pasados tamén quedou fóra da Cámara Alta. Concorría como número 10 da lista de En Común-Unidas Podemos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta