Villares cualifica de "malos" os resultados das mareas: "Non fomos capaces de responder ás expectativas"

Ve necesario "tomar nota" e "axustar tanto a organización" como "revisar o discurso"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 02:29

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, cualificou de "malos" os resultados obtidos polas mareas municipalistas nos comicios deste domingo, que atribuíu ao tirón do Partido Socialista tras as eleccións xerais e ás "tensións internas" que viviu a súa formación nos últimos meses.

"Lamentablemente non fomos capaces de responder as expectativas xeradas na cidadanía", manifestou nunha rolda de prensa na que lamentou as "tensións internas provocadas por "partes que pensaban máis en si que o interese xeral".

Así mesmo, case finalizado o escrutinio, lamentou tamén a "ocupación do espazo político e comunicativo con estes temas no canto de con propostas políticas" para solucionar os problemas da cidadanía.

Todo iso, segundo indicou, acabou por "pasar factura". "Non reaccionar a tempo identificando o problema e distanciándose do foco das tensións por un intento ata o final de salvagardar a unidade cando había xente na propia casa que non quería acabou por desencantar a cidadáns tanto de orixe progresista como nacionalista", sinalou.

Villares urxiu "deixar atrás esas tensións" e a deriva "na que na que o espazo se foi deixando arrastrar tamén a nivel estatal por aqueles que xeraron un discurso que fixo perder transversalidade social". "É tempo de tomar nota neste cambio de ciclo político, de axustar tanto a organización como de revisar o discurso para resolver os problemas da cidadanía, que non son poucos", subliñou.

Todo iso nunha intervención na que tamén agradeceu o traballo realizado polas máis de 100 candidaturas municipalistas que se presentaron por todo o país e o apoio dos cidadáns que depositaron nelas a súa confianza.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, na rolda de prensa. EN MAREA - Arquivo
O portavoz de En Marea, Luís Villares, na rolda de prensa. EN MAREA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta