Un falecido atropelado en Arteixo tras baixar do seu coche a auxiliar a outro accidentado

O incidente tivo lugar a primeira hora desta mañá tras un incidente no que se viron envoltos varios vehículos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

A persoa falecida no accidente múltiple ocorrido este luns no municipio de Arteixo (A Coruña), un home, foi atropelada tras baixar do seu vehículo a auxiliar a outro que se saíu da vía na AG-55.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, o sinistro ocorreu sobre as 7,00 horas no quilómetro 18,5 da AG-55 sentido A Coruña cando un vehículo golpeou o lateral dereito da autovía e saíu despedido cara á esquerda, tras o que o segundo turismo parou na beiravía dereita e acudiu a auxiliar ao primeiro condutor, momento no que foi atropelado por un terceiro coche.

As mesmas fontes indicaron que posiblemente nese momento a visibilidade era reducida pola presenza de néboa e engadiron que dous vehículos chocaron por alcance cos anteriores.

O 061 confirmou o falecemento no lugar do home, mentres que unha ambulancia asistencial levou ao Hospital Quirón Santa Teresa da Coruña a unha muller de 42 anos, M.P.C., e a un menor; e outra ambulancia trasladou ao Hospital A Coruña a un mozo de 26 anos, A.S.S., confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Ademais, foi necesaria a mobilización do persoal do servizo de mantemento da autoestrada para a limpeza da vía polos danos rexistrados.

Control da Garda Civil de Tráfico
Control da Garda Civil de Tráfico | Fonte: legaccidentes.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta