A maioría absoluta de Baltar en Ourense pendente duns votos

A situación é incerta no partido xudicial de Ourense, onde os populares poderían deixar dous deputados.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/05/2019 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O PP podería perder o seu último gran bastión en Galicia, a Deputación de Ourense. Todo depende duns votos xa que o escrutinio na capital ourensá aínda non rematou, igual que en Xinzo de Limia.

Baltar, Feijóo e Jesús Vázquez nun mitin
Baltar, Feijóo e Jesús Vázquez nun mitin | Fonte: PPdeG

De feito, e tras o batacazo electoral do PP en Ourense capital e a gran baixada de votos rexistrada en localidades con Verín, os populares poderían deixarse ata tres deputados provinciais, o que provocaría a perda da maioría absoluta, ao quedar con 12 representantes.

Con todo, o PP podería contar co apoio de Cs ou de Democracia Ourensana para gobernar. Os primeiros entrarían no pazo pronvicial da man dun ex do PP José Araujo, mentres que DO mantería os dous escanos actuais. Con todo, tanto Araujo como Gonzalo Pérez Jácome dixeron en varias ocasións que queren un relevo no organismo provincial para apoiar ao PP.

O PSOE sería a principal forza da oposición, con nove deputados, sumando un. Tamén o BNG repetiría o un que xa ten.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta