O PSOE pode liderar as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, esta última mesmo en solitario

As direccións provinciais queren que continúen Valentín González Formoso, Darío Campos e Carmela Silva como presidentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O Partido Socialista pode liderar as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra tras as eleccións municipais deste domingo, cuxos resultados abren a porta a que Carmela Silva poida gobernar en solitario na provincia pontevedresa.

Abel Caballero, Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero
Abel Caballero, Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero | Fonte: © Miguel Núñez

Segundo os datos que manexan as respectivas organizacións provinciais socialistas, na Coruña o Partido Popular pasaría de 13 a 14 deputados, mentres que o PSOE incrementaría a súa representación de oito a 11.

O BNG continúa como terceira forza aínda que cede unha acta provincial e queda con catro nun pleno no que a Marea Atlántica pasa de tres deputados a un. Ademais, Alternativa dos veciños mantén un e Compostela Aberta perde o representante que tiña e queda fóra.

Con estes datos, fontes do PSOE provincial explicaron que se podería "reeditar" o acordo entre socialistas e nacionalistas para conformar goberno. Ademais, poderían contar, do mesmo xeito que na lexislatura que finaliza, con apoios puntuais das restantes forzas de esquerda nun contexto no que a coalición só estaría a un representante de alcanzar a maioría absoluta.

Pola súa banda, no caso de Lugo, mantense o escenario no que o Partido Socialista tamén podería liderar o goberno provincial se o Bloque Nacionalista Galego lle dá o seu apoio.

E é que, mentres que os populares manteñen os seus 12 deputados, o PSOE perde un dos 11 cos que se fixera tras os comicios de 2015 --o que ostentaba o deputado non adscrito Manuel Martínez, que non obtén representación coa súa nova formación Galicia Sempre--. Pola súa banda, os nacionalistas pasan de dous representantes a tres.

No caso da Deputación de Lugo, fontes do PSOE provincial tamén indicaron que a vontade é que o actual presidente, Darío Campos, volva facerse co mando do goberno. Con todo, está por ver se a citación a declarar por un suposto delito de prevaricación administrativa en relación coa denegación dunha licenza de obras como alcalde da Pontenova pódelle xerar problemas cos seus posibles socios.

Finalmente, no caso de Pontevedra, a actual presidenta da Deputación, Carmela Silva, podería optar por un goberno en solitario con pactos puntuais ou manter os seus acordos co BNG, dado que o PSOE está só a un deputado de alcanzar a maioría absoluta.

Concretamente, os socialista aumentan de 10 a 13 a súa representación no pleno provincial, no que o Partido Popular perde un deputado e queda con 11. Ademais, o Bloque pasa de catro a tres actas e a marea non alcanza a representación --antes tiña un deputado--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

A perda do deputado provincial da Marea de Vigo é a mellor noticia que podíamos ter! Se a tese de Abel Caballero para que Pedro Sánchez goberne en solitario é consecuente, tamén Carmela Silva o debera de facer na Deputación de Pontevedra! Así volven facer o que fixeran no Concello de Vigo aproveitarse do BNG mentras lles interesa para logo darlles a patada...? Vigo é un lugar digno de estudar polo miudo, Abel recibe os votos do PP sen rubor porque no fondo fai a mesma política do PP (privatiza e goberna como un Caudillo Local) https://i.gal/gamelaCabozo

1 Luis Dafonte

D.O. tiene que posibilitar una diputación de Orense que acabe con el Baltarato ya. Si no pacta para el cambio será un partido popular 2.0 más que habrá engañado a los que les otorgamos con esperanza nuestro voto. Fuera PP de Orense de una vez!