Cabreiroá factura xa case 30 millóns de euros

incrementa a súa produción un 11,5% en 2018 e alcanza os 28,9 millóns de euros de facturación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A compañía de auga mineral Cabreiroá incrementou a súa produción un 11,5% en 2018 ata os 90 millóns de litros envasados, que supuxeron unha facturación de 28,9 millóns de euros.

Segundo informa a compañía nun comunicado, este aumento coincide cun ano no que se executou un investimento de 1,7 millóns de euros nas instalacións de Verín no marco dun ambicioso plan de modernización ao que se destinarán outro cinco millóns nos próximos dous anos (anteriormente xa houbo un investimento de 4,5 millóns).

Actualmente o persoal de Cabreiroá en Verín conta cun persoal estable dunhas 50 persoas. Ademais, avanza en novos lanzamentos como o recente dunha botella cun 50% de plástico reciclado para minimizar o impacto ambiental.

Cabreiroá sitúase entre as augas minerais españolas máis recoñecidas por certames internacionais de prestixio como Superior Taste Awards e os Quality Awards.

Os robots humanoides pásanse á publicidade no Mobile World Congress. CABREIROÁ - Arquivo
Os robots humanoides pásanse á publicidade no Mobile World Congress. CABREIROÁ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta