Ferido un operario tras caerlle unha árbore encima en Paderne

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2019 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron na mañá deste martyes a un traballador que resultou ferido nunha perna ao caerlle unha árbore encima no municipio coruñes de Paderne.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro ocorreu ás 9,30 horas deste martes no lugar de Velouzás, en Paderne, cando o operario realizaba unha talla. Foi o compañeiro do ferido quen alertou mediante a súa chamada ao 112 Galicia e os xestores de emerxencias pediron a colaboración do 061 co fin de avaliar e, posteriormente, trasladar ao operario.

En concreto, unha ambulancia asistencial levou ao Hospital A Coruña ao home ferido, E.S.L., de 24 anos de idade, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias. Ademais, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade.

Talla de carballos
Talla de carballos | Fonte: matarpomatar.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta