Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/05/2019 | Actualizada ás 19:15
A catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña (UDC), Neves Rodríguez Brisaboa, foi galardoada co Premio Nacional de Informática.
O xurado dos Premios de Investigación Científica Informática de España e a Fundación BBVA outorgáronlle este galardón "polos seus traballos de investigación e innovación na xestión de datos", informa a UDC.
Tamén o fixeron polas súas iniciativas nos campos da transferencia de coñecemento en relación coas empresas e institucións públicas, así como a creación de empresas de base tecnolóxica.
Nieves Rodríguez, membro do departamento de computación da Facultade de Informática da UDC, é coordinadora do grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos.
Entre outros resultados deste grupo, destaca a implementación dun prototipo de ferramenta para comercio electrónico, así como outros resultados no marco das bibliotecas dixitais e dos sistemas de información xeográfica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.