A Xunta pon en marcha programas de promoción de igualdade e loita contra a violencia de xénero xunto ás Anpas

Considera "fundamental" a implicación das Anpas galegas para poder chegar ás familias e ao alumnado e "lograr unha igualdade real entre os homes e as mulleres"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A Xunta convocou axudas para financiar programas de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero postas en marcha polas Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas), que contarán cuns 300.000 euros.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a convocatorio destas axudas, que están inscritas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, segundo explicou a Xunta nun comunicado.

Cada solicitude poderá recibir un máximo de 4.000 euros se é de carácter individual, ou de 7.000 euros, no caso de ser presentada por dous ou máis Anpas dun mesmo concello ou por unha federación ou confederación de Anpas.

Esta iniciativa poderá financiar actuacións en escolas que aborden temas de igualdade, educación afectivo-sexual ou de violencia de xénero; a elaboración de materiais informativos para axudar a detectar estes casos; a realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cosificación do corpo das mulleres e labores de formación coas familias e o alumnado sobre novas masculinidades para romper cos 'micromachismos'.

Así mesmo, apoiará a realización de actividades que sensibilicen sobre os estereotipos e que dean a coñecer as pautas para previr a violencia de xénero e os protocolos existentes en casos de agresións.

A Xunta considera "fundamental" a implicación das Anpas galegas para poder chegar ás familias e ao alumnado e dotalos das ferramentas necesarias para "lograr unha igualdade real entre os homes e as mulleres", así como erradicar calquera tipo de violencia de xénero.

Escola
Escola | Fonte: EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta