Unha sentenza recoñece a esixencia de UGT de negociar o complemento específico das oficinas fiscais galegas

O sindicato critica o "nulo talante negociador" de Alfonso Rueda e que se vexan "obrigados" a "negociar nos tribunais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu nunha sentenza a necesidade de que a Xunta negocie o complemento específico das oficinas fiscais galegas, unha reclamación que UGT levou aos tribunais ante a "negativa" da Administración galega.

Así o dixo este mércores o delegado de Santiago do sector de Xustiza de UGT, Manuel Díaz Mato, nunha rolda de prensa convocada para analizar esta sentenza.

Díaz Mato lembrou que o caso se remonta a 2015, cando, durante a negociación da nova oficina fiscal galega, o sindicato trasladou á Xunta a necesidade "de negociar o complemento específico" para os traballadores. Con todo, criticou, "A Xunta non quixo negociar absolutamente nada" e foi necesario "reclamalo na xustiza".

Agora, o TSXG estimou a reclamación de UXT e indicou que "había que negociar ese complemento específico" que, ademais, debe "diferenciarse segundo os postos de traballo". A decisión afectaría a 150 funcionarios, aos que "haberá que pagar como mínimo 40 meses de atrasos", segundo explicou o sindicalista. A cantidade, que se determinará na execución de sentenza, podería oscilar entre os 60 e os 65 euros brutos mensuais.

Manuel Díaz Mato explicou que o sindicato ten aínda "varias demandas e denuncias" pendentes de sentenza, que atribuíu ao "nulo talante negociador" do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, como responsable da xestión dos medios xudiciais. "É lamentable que se nos obrigue a negociar nos tribunais", dixo o sindicalista.

Unha sentenza recoñece a esixencia de UXT de negociar o complemento específico das oficinas fiscais galegas
Unha sentenza recoñece a esixencia de UXT de negociar o complemento específico das oficinas fiscais galegas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta