A Xunta destinará 120.000 euros en axudas a entidades que fomenten a participación dos maiores de 55 anos

As xornadas de voluntariado que se beneficien desta nova liña de axudas deberán ser de tres horas diarias como mínimo e ter unha duración de entre 15 e 60 días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia investirá un total de 120.000 euros en axudas a entidades e concellos inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia para que realicen proxectos que fomenten a participación dos maiores de 55 anos.

Así o aprobou este mércores o Consello da Xunta na súa reunión semanal, na que deu luz verde a un programa pioneiro denominado Voluntariado Sénior que busca estimular a participación dos galegos de máis idade en actividades de acción voluntaria.

Con esta iniciativa, o Executivo autonómico destacou que cumpre un triplo obxectivo. O primeiro, manter a Galicia como comunidade de referencia neste ámbito, con máis de 8.100 persoas que participaron en iniciativas autonómicas de voluntariado en 2018, un 5% máis que o ano anterior.

O segundo é contribuír ao envellecemento activo e o terceiro obxectivo consiste en aproveitar os coñecementos e a experiencia dun grupo da poboación que ten unha importancia vital a nivel social.

As xornadas de voluntariado que se beneficien desta nova liña de axudas deberán ser de tres horas diarias como mínimo e ter unha duración de entre 15 e 60 días. Desenvolveranse entre xaneiro e outubro de 2019 e contarán con ata oito persoas voluntarias por proxecto. Como máximo, cada entidade poderá recibir 2.400 euros da axuda.

As iniciativas nas que participarán os voluntarios maiores de 55 anos poderán ser cuestións como a promoción do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021, a recuperación da cultura, a arte e as tradicións galegas; conservación e mellora da natureza e creación de contornas sustentables; igualdade de xénero; innovación e investigación sobre o benestar dos maiores; entre outras.

AMP.- Feijóo defende que o PP se apoie en Vox pero sen formar goberno cos de Abascal: 'Non me gusta Vox'. XUNTA
AMP.- Feijóo defende que o PP se apoie en Vox pero sen formar goberno cos de Abascal: 'Non me gusta Vox'. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta