A resignación coma resistenza?...Non grazas

Hoxe, igual ca onte e mañán, a clase económica que sempre posuíu, a cal sempre obtivo elevados rendementos do capital (fundamentalmente especulativos), experimenta a situación actual coma un escenario de gañancias reducidas. A isto chámanlle competitividade. A clase social que xa nunca tivo, experimenta un recorte dos dereitos sociais noutrora conquistados con sangue e lume. A isto chámanlle austeridade.

Por Héctor Tejón | A Coruña | 03/02/2012

Comparte esta noticia
Segundo a Enquisa Anual de Estrutura Salarial do INE (22-06-2011), Galicia é a terceira comunidade autónoma co salario máis baixo do estado só por diante de grandes potencias económicas coma Estremadura e Canarias. 
 
Os 19.806,66 euros  quedan un tanto lonxe desa media nacional de 22.511,47, pero ó problemático, é que o salario medio europeo é de 34.412 euros, o que significa co salario medio no estado español debería subir un 59% para equipararse a media europea. Ou o que é o mesmo, a inflacion ca entrada no euro trouxo consigo, non se veu freada por unha subida igual de proporcionada dos salarios ¿Porqué? Probablemente, un modelo productivo baseado na venda de coches a crédito, en hostelería low cost e sector servicios, non de para un despuntamento dos salarios, o cal dedúcese que España nunca tería que ter entrado no euro.
 
Partindo desta pequena coxuntura, sabemos cos salarios (a man de obra) non subiron exponencialmente coma o prezo da vida (aquí). A clase político-económica que gobernou no estado preocupouse máis de inocular na cidadanía o chamado “imaxinario democrático”; somos iguais porque todos podemos ter acceso o mesmo, concretamente, a productos vedados para o 80% da clase social (cambio de coche os seis meses, piso, vacacions a orde do día, obxetos antes privativos…) ¿Cómo se acada tal consumo para o crecemento dunha economía? Crédito. Este sainete, sabémolo de memoria. Agora ben. ¿Quen posibilitou o crédito libre e infinito sen ter en conta as condicions estructurais económicas do tipo de emprego que se acada no estado español? Os bancos e caixas, co beneplácito do Estado.
 
     A realidade é aínda máis dura do que se poida pensar. Segundo os datos extraídos da Rede Europea da Loita contra a Pobreza e a Exclusion Social (EAPN) sobre o ano 2010. A poboación en Risco de Exclusión socialen Galicia  supon un 22% (600.918) situándonos en numeros totais, so por detrás de Madrid, Catalunya,Andalucía e Castela (as máis poboadas) sen dúbida un dato moi alentador, a pesares de reducir un punto porcentual en relación o ano 2009 non podemos falar dun cambio de tendencia, a non ser que pretendéramos adormecer e controlar concienzas.
 
Namentres directivos do sistema financieiro galego, que foron proclamados coma “os máis galegos”, que se encheron a boca co argumento de baixo calado da “galeguidade do diñeiro”, logo de que os medios fácticos do polo industrial galego posicionáranse dacordo con cadanseu bastión localista (Gayoso vs Mendez  ou Vigo vs. Coruña), resultou que xa non so repartiron en forma de beneficios personais os cartos entregados para unha especie de “cura económica”, se non que entregaron un sistema de aforro dos galegos quebrado, intervido e insolvente. Unha obra social irisorria (porque se a xente nova en Galicia está en paro ¿u-lo a obra social das caixas? Ah,si, en cadros e exposicions… e se domicilias a pensión, en entreteñemento para os xubilados) e intentan salir indemnes do maior roubo da historia recente de Galicia a súa cidadanía. E si, coa complicidade de todo o sistema político. Que a pesares de ter políticos nos equipos directivos das caixas, non controlou absolutamente nada do acontecido cos cartos do pobo galego, lembren Caixa de AFORROS, non fondo de inversión, non entidade crediticia, nin xoguete na bolsa de valores. Aforro con máis ou menos esforzo. Dacordo ca banca tradicional non é ética, nunca o foi, pero tampouco pode ser que a súa irresponsabilidade seña perdoada e asumida coma algo “social” ou “normal”.
 
A irresponsabilidade duns poucos conleva o sacrificio duns moitos. Peor aínda. Persoeiros autoproclamados  de dereitas e esquerdas, con salarios desorbitantes para tarefa que desempeñan, “dan exemplo” instruíndo a masa a que acepte os tempos duros que van vir… Se a débeda do  sector público do Estado representa un 60% do PIB e a do sector privado un 350% ¿Porque temos que aceptar que nos desmonten diante dos fuciños un Estado de Benestar xa de por si precario (ten moito mérito ca un tipo impositivo do medievo, puidera sustentar un estado de benestar que ten que dar cobertura a unha poboación que duplicouse…) ¿Por qué temos que tolerar cas necesidades básicas da cidadanía conformen a riqueza dun país? É dicir. A alimentación son “bens” que se miden nese famoso Producto Interior Bruto, a vivenda, foi o motor de crecemento do estado español  dende o franquismo ate fai 3 anos. Ningun político, remarco, ningun político falou endexamais de soberanía alimentaria. Ningún político presentou unha acción de goberno baseada na satisfacción das necesidades básicas do individuo.
 
Éstas subsúmense no traballo. Aceptouse que pra vivir hai que traballar, aínda que seña auspiciando a explotación e  traballos de nulo rendemento e valor económico agás para quen os comercializa (o tema da realización a través do emprego, queda para outro día…).
 
A xente non traballa por gusto, evidentemente, se non por necesidade e carencia. Un Estado que non pode proveelos seus cidadáns das condicions mínimas que garantan unha existencia digna, non é un Estado é un reximene dictatorial, criminal, oligárquico, ou escolmen a palabra que máis lles guste. E falamos en pleno 2012 onde a evolución tecnolóxica é tan tremenda, que xa non é necesaria a man de obra que sería necesaria fai 50 anos. Evidentemente, logo de que sesudos estudosos da demografía  alertaran da falta de nacementos, agora vemos co crecemento foi descontrolado, tanto o económico coma o poboacional, cos recursos son limitados, e que onde antes necesitábanse 5-10 traballadores, agora basta un e un par de horas.
 
A día de hoxe, a comida, a vivenda e xa mesmo, a sanidade, lévanse o 70% dun salario medio. O mileurismo convertiuse na infrarenta desexada por  todos.  O concepto de Renda Social Básica, semella denostado. Si, sería máis sinxelo dinamitalo sistema, queimalos bancos e os cartos, e realizalo ideario da anarquía… pero non se pode. As nacionalizacions da banca e das caixas (desculpen, a intervención do FROB, que sona mellor) supuxo o reparto de divendos entre os accionistas, o grave disto é que contou co beneplácito  da lei  que a día de hoxe é o subterfuxio que o poder emprega para facer o que lle vai en gaña.
 
E para rematar, asistimos  coma políticos que cobran un salario dos impostos dos cidadáns adícanse a roubar, a apartar cartos para seu partido político, a evadir impostos en paraísos fiscais. Resulta curioso que o sinxelo seña recortar emprego público, sanidade, educación e non perseguilo fraude fiscal de empresas e persoas, xa cunha parte representativa do que se coñece coma “ grandes rendas” atoparíanse nunha situación non grata.
 
Aquilo de “privatízanse as gañancias, socializanse as perdas”, mudou canda unha especie de “as ganancias unifícanse, as perdas colectivízanse”. O 50% de familias que non chegan a fin de mes en Galicia, non poden asumir resignadas que ten que ser así. Que seus representantes rouben o erario público e so gobernen para seus votantes e non para cidadanía. Que haxa que escoller entre comer, estar sans ou pagala vivenda.
 
Semella que na sociedade que estamos construíndo, o “tener” conquistou o modo de vida dunha minoría social que ostenta o poder. Namentres a maioría empobrecida, que loita por un medio de “ser”,  aceptamola inxustiza coma forma social lexislada, anclamos as nosas ansias de cambio no medo  a censura dos poderes de coacción e control do estado, asistimos impávidos o “burlesque” televisivo de opinantes que so visibilizan o que é necesario para que todo siga seu camiño, aceptamos debates inaceptábeis (se abusamos da sanidade para estar sanos…), e aceptamos ca liberdade expresese encadeados a aceptación dun devir que nós non escollimos.
 
Non deberíamonos sentir orgullosos se noso tempo pasa a historia co nome de “post-esclavismo”, porque nós estivemos alí e deixámonos dominar sen opoñer resistencia. Sen aunar  forzas que se ramifican dende cada rincón de Galicia berrando: “queremos un cambio, e querémolo xa.” Se o público-político non acompaña a cidadanía, se non que se sitúa coma arma de control e punición das necesidades non satisfeitas ¿Qué máis necesitamos para negala súa lexitimidade histórica, concreta e de mandato?     @htejon

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Héctor Tejón Héctor Tejón Sáez, nado na Coruña en 1981. É licenciado e doutorando en Socioloxía pola universidade da coruña. Desenrolou gran parte da súa carreira profesional coma investigador social e docente na facultade de socioloxía da Coruña. É co-autor do libro "La Siniestrabilidad Vial:Un problema desconocido" e artigos en diversas publicacións electrónicas. Actualmente atópase realizando a tese doutoral: " A construcción da identidade posmoderna a través do consumo de cine de masas do século XXI"