A Xunta destina 300.000 euros para abastecer de auga a varios núcleos da localidade ourensá de Baños de Molgas

A licitación do contrato terá lugar "nas próximas semanas" .

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A Xunta destinou 300.000 euros para dotar de abastecemento e saneamento de auga a varios núcleos de poboación do municipio ourensán de Baños de Molgas. A actuación, que se desenvolverá en Formigoso, A Acea e Lamela, recibiu o visto e prace do Consello da Xunta na reunión celebrada este mércores.

As obras permitirán, segundo destaca a Xunta, "completar os servizos de abastecemento e saneamento" das poboacións deste municipio da comarca ourensá de Allariz. A licitación do contrato terá lugar "nas próximas semanas" e correspóndese coa liña de colaboración da Consellería de Infraestruturas para aqueles concellos que teñan "un orzamento insuficinete" para realizar este tipo de obras.

O río Arnoia ao seu paso polo centro de Baños de Molgas.
O río Arnoia ao seu paso polo centro de Baños de Molgas. | Fonte: Xosé Santos (Amigas das Árbores)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta