Un operario, ferido grave tras incendiarse o camión co que traballaba en Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2019 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido de gravidade ao incendiarse o camión co que traballaba en Pontevedra. Polo momento descoñécense as causas que provocaron o incendio do camión.

O accidente produciuse ao fío das 20.00 horas do mércores, un camión-cisterna que comezou a arder nunha empresa situada en Marcón, Pontevedra. Ata o lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Pontevedra e os axentes da Policía Nacional e Local.

Debido á importancia das lesións ocasionadas, o home, que sufriu queimaduras, foi evacuado polo persoal sanitario ao Hospital Juan Canalejo da Coruña, no helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta