Os tuits e as actitudes erráticas de Xosé Manuel Beiras

Un polémico tuit sobre a orixe do termo Compostela como "depósito de restos humanos en descomposición" desata a polémica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras acendeu as redes sociais tras publicar na súa conta de 'Twitter' unha mensaxe para referirse a os resultados das pasadas eleccións municipais, no que menciona unha teoría sobre a orixe terminolóxica de Compostela como "depósito de restos humanos en descomposición". E non é a primeira vez que o fai con actitudes erráticas que danan a súa credibilidade e a de proxectos políticos.

"Hai anos, don Ramón Otero Pedrayo explicoume que a etimoloxía de Compostela non era Campus Stellae (Campo da estrela), senón un derivado de 'compositum' (depósito de restos humanos en descomposición). As pasadas eleccións municipais confirmárono", considerou Beiras.

Ao non asociar ese termo a Bugallo ou o PSOE, o seu comentario suscitou numerosas críticas e comentarios negativos por parte de usuarios desta rede social que o asocian a un desprecio á cidade e, por iso, pediron a Beiras que se desculpara. Non se sabe se ese tuit o escribíu o propio Beiras ou alquén que lle leva as súas redes sociais porque tampouco houbo clarificación sobre ese suposto.

Nos últimos comicios municipais, a candidatura do socialista Xosé Sánchez Bugallo alzouse coa vitoria, obtendo 10 concelleiros, seguido do PP, con oito edís, ademais da derrota do ata agora alcalde, Martiño Noriega (candidatura apoiada por Beiras), tras caer Compostela Aberta á terceira praza con cinco edís (a metade dos logrados en 2015).

Polémico 'twit' de Beiras sobre a orixe do termo Compostela como 'depósito de restos humanos en descomposición'
Polémico 'twit' de Beiras sobre a orixe do termo Compostela como 'depósito de restos humanos en descomposición' | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Desfeita

Fiel a si mesmo, Beiras, con razón ou sen ela, insulta os gañadores das eleccións en Compostela, e algúns parvos en Twitter entenden que se refere aos perdedores que el apoiou? Non sería máis obxectivo o titular "As redes, inzadas de analfabetos funcionais"? Ou "O xornalismo, inzado de fake news"?

3 Gamela

Os que non teñen nada que facer, fuchican nas FalsasRedes para atopar miserias que non lle importan a ninguén... / Acaso alguén acredita nas parvadas que escrebe Trump en Twitter? Beiras pode escribir o que lle pete... mentras o sabio sinala a lúa, os necios miran o dedo! ¿Alguén le o twitter de Villares? Supoño que non lle interesa a ninguén, por algo será... https://i.gal/FalsasRedes

2 Ferriño

Ceo que debe cambiar de CM, ese MIllán desvaría

1 dr. sisegmundo fred

O VELLO E GRAN EGOLATRATOLOMANCIAMANIACO eu sempre o dixen desde o principio... troleada galega e a miña inspiración, SEPAN QUE AGORA XA ESTAN CONTRATADOS PSICOLOGOS para atender os fuxidos da marea, cada dia son mais, cada día petan a porta balbuceantes, tremendo, alguns incluso o borde do sincope... sabemos dos fantásticos resultados da xente tratada do "síndrome de Estocolmo" sabemos dos grandes progresos de xente rescatada de seitas destructivas.... AGORA E O MOMENTO DE REGRESA!!!! AGORA E O MOMENTO!!!! RECIBIRAS TRATAMENTO E TODOS OS AUXILIOS PSICOLOXICOS TENEMOS TAMEN UN GABINETE DE SEGUIMENTO COACHING DE PRIMEIRO NIVEL... non o dubides aquí estamos, e imosche axudar... vai vindo aquí estamos... ainda non e tarde!!