Liberdade con cargos para o ex do Dépor Borja Fernández, tras unha fianza de 50.000 euros

Está acusado de formar parte dunha organización de amaños deportivos no fútbol profesional.

Por Europa Press / Redacción | | 30/05/2019 | Actualizada ás 16:19

Comparte esta noticia

O ex-xogador do Real Club Deportivo da Coruña, RCD Mallorca e ex-capitán do Real Valladolid, Borja Fernández, quedou en liberdade con cargos, tras pagar unha fianza de 50.000 euros e prestar declaración no Xulgado de Instrución número 5 de Huesca, en relación a unha organización de amaños deportivos no fútbol profesional.

Borja Fernández
Borja Fernández | Fonte: Europa Press

O avogado de Borja Fernández, Joan Castelón, informou que se acordou deixalo en liberdade, ao que engadiu que "seguirá o proceso de investigación e ata que non estean do todo determinado os indicios, haberá que agardar" aínda que o xogador deberá presentarse no Xulgado cada quince días.

"Terá as presentacións que marca a lei cando un está en liberdade provisional" subliñou Castelón, quen aseverou que cargos son "os de todos", e que "evidentemente", ata que non está determinado "que participación hai, se hai indicios ou non, sempre está a mesma imputación".

"No que fai referencia a branqueo de capitais e estafa, podo garantir que isto non vai saír nunca", concluíu Joan Castelón.

O ex-capitán do Real Valladolid, ao que se lle retirou o pasaporte e non poderá saír do territorio estatal, está a ser investigado xudicialmente como posible autor dun delito de corrupción no deporte e como presunto cooperador necesario nun delito de estafa.

Borja Fernández militou no Deportivo na tempada de 2011-2012, na que xogou 22 partidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta