O PSdeG reta a Feijóo a que rexeite "con claridade" pactos do PP coa ultradereita

Gonzalo Caballero pide ao presidente da Xunta que se aproxime máis á liña política de Manuel Valls.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, retou o presidente dos populares galegos e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que "se mostre con claridade" e lle diga ao PP "que non pode aceptar un goberno" en ningún sitio de España "cunha forza de ultradereita".

Gonzalo Caballero e Xosé Sánchez Bugallo, nun acto do PSOE en Santiago
Gonzalo Caballero e Xosé Sánchez Bugallo, nun acto do PSOE en Santiago | Fonte: Europa Press

En Santiago de Compostela, Gonzalo Caballero cualificou de "postureo" a posición política mostrada por Feijóo, por mor das eleccións municipais, nas que Vox non obtivo representación en Galicia.

Con todo, sostén que "a credibilidade do presidente da Xunta é nula cando fala da posición política do PP", porque "se adapta ás circunstancias" e chega a aceptar "un pacto do PP con Vox en Andalucía". "Un día di unha cousa e outro di outra".

Neste contexto, Caballero pediu a Feijóo moderación e que se aproxime máis á liña política de Manuel Valls, o candidato á alcaldía de Barcelona que recomendou a Ciudadanos non pactar con Vox, que é a posición marcada por Pablo Casado no PP.

"Os socialistas pedímos ao PP que se modere, que entenda a importancia do centro político, que Feijóo se adecue á posición política de Valls e rexeite a do Partido Popular de Casado, que o faga de forma crible, cun criterio de ruptura coa ultradereita", manifestou.

Caballero mostrouse "perplexo" ante a actitude de Feijóo, ao que reprochou que a pesar de dicir que "xa estaban centrados", agora "di unhas cousas e outras segundo poidan pactar ou non coa ultradereita".

Para o líder dos socialistas galegos, Feijóo "sabe que o seu tempo político chegou ao seu fin", despois de "dous anos xogando coa súa escalada a Madrid, outro tempo xogando co que ía facer en Galicia" e con tan só un ano de lexislatura por diante no que "ten que centrarse en gobernar na comunidade galega".

DEPUTACIÓN DE OURENSE

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, pediu a "todas as forzas políticas", "incluído Ciudadanos", a sumar para que o Partido Popular non repita á fronte da Deputación de Ourense, despois de que se perdeu a maioría absoluta.

Gonzalo Caballero, este xoves en Santiago de Compostela, cualificou de "histórica" a confirmación de que o "PP dos Baltar" perdeu a maioría coa que contaba na Deputación, na que gobernou desde 1987 ata 2012 José Luís Baltar e despois, desde ese ano ata a actualidade, o seu fillo, José Manuel Baltar.

O secretario xeral do PSdeG sinalou que "hai unha oportunidade de cambio e unha posibilidade de futuro", ante unha Deputación que representa "o maior caso de nepotismo e caciquismo, sentenciado contra Baltar pai", lembrou, en referencia á sentenza que o condenou a nove anos de inhabilitación por prevaricación continuada.

Así, sinalou que "todas as forzas políticas", incluída a formación laranxa, teñen "a responsabilidade política" de mostrar o seu "rexeitamento claro á etapa dos Baltar", para "pasar páxina e deixar no pasado o nepotismo e o caciquismo de Baltar" e "construír unha Deputación aberta e limpa, e con rexeneración democrática".

As eleccións do domingo deixaron ao PP con 12 deputados no ente provincial, ao PSOE con 9, a Democracia Ourensá con 2, ao BNG con 1 e a Ciudadanos con outro. Isto sitúa á formación laranxa como posible chave de goberno, xa sexa por un posible acordo co PP ou ben, sumando co PSOE, o BNG e Democracia Ourensá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riuriu

En cambio el PSOE no renuncia a sus pactos con la ultraizquierda, separatistas y proterroristas varios.