Ence nega ter influído sobre as eleccións municipais e rexeita as declaracións de Lores acusando á pasteira

Ence lembrou a Lores que as concentracións e manifestacións foron convocadas "polos representantes dos traballadores en defensa dos seus postos de traballo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2019 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A empresa Ence tachou de falsas as acusacións da cabeza de lista do BNG no concello de Pontevedra e rexedor aspirante á reelección, Miguel Anxo Fernández Lores, que atribuíu os resultados electorais na cidade á "ofensiva bestial na xornada de reflexión" por parte de "Alberto Núñez Feijóo acompañado de Ence e Ignacio Colmenares".

En concreto, a formación dirixida por Lores viu reducida a súa representación no arco municipal da cidade a 11 concelleiros (fronte aos 12 de 2015) e o PP logrou nove edís nos comicios celebrados o domingo.

A pasteira emitiu un comunicado no que rexeita realizar "investimento algunha con fins políticos ou para favorecer o voto a ningún partido político", asegurando que "non buscou influír" nos resultados das eleccións.

Así mesmo, lembrou a Lores que as concentracións e manifestacións celebradas foron convocadas "polos representantes dos traballadores en defensa dos seus postos de traballo" que contou "cun apoio moi importante da cidadanía".

"Se se quere deixar sen o seu posto de traballo e sen o seu medio de vida a máis de 5.000 familias de Pontevedra e do resto de Glaicia, hai que estar preaprado para a indignación e a protesta, e non culpar a outros desta decisión", destacou a empresa.

Doutra banda, insistiu en que os investimentos realizados na súa planta de Pontevedra debido á prórroga da súa concesión "están detalladas en contas auditadas e a disposiciñon de todo o mundo".

Ence
Ence | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta