O prezo da vivenda usada en Galicia redúcese un 0,3 por cento en maio

Pola contra, no resto do Estado subiu un 0'2%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 31/05/2019 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda usada na comunidade galega reduciuse unha media do 0,3 por cento no mes de maio, segundo o último índice de prezos inmobiliarios de idealista. En España, pola súa banda, deuse un ascenso do 0,2% durante este período.

En concreto, rexistráronse baixadas en cinco autonomías e na cidade autónoma de Ceuta, sobre todo en Navarra, que experimentou unha redución do 1,3%. Séguenlle os descensos de Castela e León (1,2%), Ceuta (0,8%), Castela-A Mancha (0,6%), Asturias (0,6%). O maior incremento, en cambio, deuse en Melilla (1,1%), a Comunitat Valenciana (1,1%) e Baleares (1,1%).

Baleares (2.979 euros por metro de cadrado) é a autonomía máis cara, seguida de Madrid (2.824 euros por metro cadrado) e Euskadi (2.561 euros por metros cadrado). No lado oposto da táboa atopamos a Castela-A Mancha (864 euros por metro cadrado), Estremadura (893 euros por metro cadrado) e Murcia (1.015 euros por metro cadrado), que son as comunidades máis económicas.

Por provincias, o maior incremento viviuse en Xirona (2,9%), seguido por Granada (1,2%), Melilla, Teruel e Baleares (1,1% no tres casos) e Tarragona (1%). A maior caída, en cambio, produciuse en Salamanca onde os propietarios piden un 1,6% menos polas súas vivendas, ademais de Valladolid (1,5%), Guadalaxara (1,5%) e Navarra (1,3%).

O ranking das provincias máis caras lidérao Baleares con 2.979 euros por metro cadrado, Guipúzcoa (2.923 euros por metro cadrado) e Madrid (2.824 euros por metro cadrado), mentres que Toledo é a máis económica cun prezo de 760 euros por cada metro cadrado.

Durante o mes de abril, subiron de prezo ata 31 capitais de provincia, sendo Palma a máis pronunciada cun 1,9 por cento, igual que en Granada. Santa Cruz de Tenerife quedouse no 1,6%mentres que Pontevedra marcou a maior caída deste mes (1,4%), seguida por Valladolid (1,1%) e Ceuta (0,8%).

Cinco detidos en Madrid por estafar a 18 persoas anunciando pisos que non eran seus en webs de aluguer. EUROPA PRESS - Arquivo
Cinco detidos en Madrid por estafar a 18 persoas anunciando pisos que non eran seus en webs de aluguer. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta