A superación do frontismo

A última asemblea dos nacionalistas en Compostela deixou un BNG dividido en partes iguais. Temos logo dúas tendencias que representan dúas formas distintas de ver a política, e de actúar na sociedade.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 05/02/2012

Comparte esta noticia

O frentismo aglutinador, nacido da Asemblea de Riazor dos anos oitenta  do século pasado,  quedou superado pola disparidade ideolóxica   e pola forma de interpretar a realidade social e política  da terra de Breogán. Con todo, por moi escaso marxe, na Asemblea gañou a postura resistencialista emanada da teoría da emancipación dos pobos, que entende,  que Galicia está sometida polo estado Español, algo semellante a liberación do colonialismo ao que estiveron sometidos moitos países do mundo. Discurso que ao meu xuízo necesita ser retirado ou revisado profundamente.

A verdade é que o nacionalismo galego dende a época na que foi candidato Beiras á Xunta, empezou a perder peso electoral, e a día de hoxe, despois deste cónclave,os gañadores terán que facer un gran esforzo para convencer a moitos militantes descontentos que ven o futuro incerto dentro dunha formación que antepón á organización ás persoas. Que perciben que dende a mesma se dan e se quitan  carnés de nacionalismo, cando a vida social, cultural e política do páis é moito mais rica do que eles aprecian.

Houbo democracia, sí. A vitoria foi pírrica, xa que aínda que gañara calquera das  dúas opcións, a división era e é  un feito incontestable. A división e froito, entendo eu, dos malos resultados electorais e  da incorrecta visión da sociedade á que aspiramos a gobernar. Pois a día de hoxe, manter teorías dirixidas soio nun sector da sociedade, cando a xente maioritariamente camiña por outros derroteiros e apoia a outras opcións políticas distintas, entendo que é un grave erro. Como é outro erro loitar por unha  Galicia ideal, pero  ignorar a realidade plural desta fermosa terra. Seguir co discurso de que é  a xente a que está despistada e que non comprende  a nosa oferta é tanto como minusvalorar a nosa sociedade. Pretender ser gobernó e á vez tamen ser oposición é outro erro monumental. Dilapidar aos líderes que tanto traballaron pola terra, minusvaloralos, insultalos e incluso perderlle o respecto, é un síntoma de inmadurez e de despotismo propio de países de réximes do  terceiro mundo, onde os que discrepan son disidentes.

Na Europa na que vivimos, con todos os defectos que a  democracia ten, hai que aceptar que é a xente a que decide co seu voto; tamén hai que entender que o concepto de loita de clases nin os  problemas actuais son como os dos anos sesenta do século XX. Por tal motivo, enclaustrarse en ideas e modelos políticos superados e fracasados e intentar copialos é vivir fóra da realidade. Polo que, sen acritude, chegou o momento de amosar que os galegos somos un país articulado políticamente e que, superado o frontismo; chegou a hora de que os nacionalistas, tendo unha relación normalizada entre as distintas visións de Galicia, lle ofertemos ás xentes deste país outra opción política que sexa capaz de chegar a os habitantes que ven a esta terra como un lugar de recursos para vivir, pero que necesita una ferramenta política nidiamente galega e  diferente a que hoxe ten.

Galicia é una terra plural que necesita dunha forza transformadora  que conecte coa realidade e lle oferte aos galegos algo ilusionante, que supere a política de pancarta, do non permanente, de camiñar sempre á defensiva,  da cerrazón ideolóxica, do aillamente social; necesita una forza que teña boa relación coas demais forzas sociais,  pero  total independencia das organización sindicais.

Moitos son, somos, os que pensamos que a casa que foi común xanon é o lugar nin o modelo para solucionar os problemas desta terra, pois o frontismo foi superado polos tempos e xa non é útil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com