Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2019 | Actualizada ás 14:23
O presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o partido "analizará" nos lugares "onde houbo un mal resultado" as "causas", para "tomar medidas", aínda que non considera que os comicios poñan en cuestión a súa xestión a nivel de partido.
Preguntado polos medios, o presidente dos populares pontevedreses asegurou que non percibiu " ese cuestionamiento" á súa figura, aínda que "como presidente" é "o primeiro responsable dos resultados" e "o primeiro en tomar medidas".
Alfonso Rueda recoñeceu que os resultados na provincia "non foron o esperado" e que, nalgúns casos, como Vigo, foron "malos", polo que apostou agora por "analizar o que pasou" e "tomar medidas para volver á senda gañadora". No entanto, indicou que noutros puntos da provincia, o PP "tamén tivo bos resultados".
Preguntado acerca das declaracións do candidato popular en Catoira, Iván Caamaño, abrindo a porta a un posible pacto de goberno co BNG, Alfonso Rueda apoiou ao candidato popular asegurando que está "en conversacións para formar goberno" con "o resto de forzas". "Logo xa se verá como se poden materializar acordos", dixo Rueda que, no entanto, defendeu que Iván Caamaño poida falar con todos os partidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.