Un mozo ferido de gravidade ao ser atropellado por un tractor en O Sobrado

debido á gravidade das lesións ocasionadas, os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que un helicóptero medicalizado tamén se desprazou ao momento.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/06/2019 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Un mozo resultou ferido de gravidade após ser atropelado por un tractor nunha leira privada situada no lugar de Vallo, no concello coruñés de Sobrado.. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia pasadas xa as 19,30 horas deste venres. A persona solicitaba unha ambulancia para un mozo que fora atropelado e estaba atrapado.

Un mozo ferido de gravidade tras ser atropellado por un tractor.
Un mozo ferido de gravidade tras ser atropellado por un tractor. | Fonte: EP

Até o lugar acudiron os Bombeiros de Arzúa, que indicaron que tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ao ferido, xa que quedara debaixo da máquina agrícola.

Así mesmo, debido á gravidade das lesións ocasionadas, os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que un helicóptero medicalizado tamén se desprazou ao momento. Nada máis ser liberado, o ferido foi trasladado na aeronave até o centro hospitalario de referencia. Ademais de aos servizos sanitarios de urxencias e aos bombeiros, o 112 Galicia tamén alertou ao GES de Curtis e aos axentes da Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta