Pablo Dapena, un galego á conquista do Ironman

O domingo debutará na categoría de Ironman 70.3 e parte como un dos favoritos a acadar a victoria.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O domingo 2 de maio debuta na disciplina de Ironman 70.3 Pablo Dapena. Farase realidade un momento que moitos afeccionados ao tríatlon levaban agardando moito tempo. O galego, campión do mundo de tríatlon de longa distancia no 2018 e vixente subcampión, tratará en terras suízas lograr o pase para o Campionato do Mundo da categoría, que se celebrará este ano na localidade francesa de Niza.

Pablo Dapena, ledo no alto do podio.
Pablo Dapena, ledo no alto do podio. | Fonte: @TRIATLONSP

Pouco antes de gañar o Challenge de Peguera-Mallorca, Dapena declaraba que a súa idea era estar na cita mundialista, pero que era complicado acadar o obxectivo: “Antes clasificabas por puntos e agora xogas todo a unha baza. O que ten sorte para chegar e gañar, perfecto, pero eu creo que será difícil que chegue a un 70.3 e poda gañar”.

Este ano, Dapena leva colleitados dous segundos postos: No Challenge de Salou e no de Lisboa, e para el Suíza non será nin moito menos un paseo. Non o terá fácil, pero está entre os favoritos para pelexar pola vitoria. Os seus maiores rivais serán Nils Frommhold, que este ano logrou ser segundo no Ironman Sudáfrica por detrás de Ben Hoffman, e Ruedi Wild, gañador da proba na edición de 2017. Dos tres primeiros clasificados na edición do ano pasado soamente tomará a saída Manuel Keng, segundo.

Pablo Dapena non será o único español que loitará pola victoria en Suíza. Albert Moreno, quinto no Ironman 70.3 de Barcelona fai dúas semanas, tratará de pelexar polos postos de cabeza.

Pola contra, en categoría feminina a priori hai menos emoción. A catro veces campioa do mundo de Ironman, Daniela Ryf, ten todo de cara para conseguir a vitoria. Tras facerse coa victoria no Ironman de Texas, a atleta tratará de facerse de gañar unha proba na que leva reinando dende o ano 2014.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta