Gómez-Reino vincula "ter opcións" nas eleccións autonómicas con "reconstruír o espazo rupturista"

O secretario xeral de Podemos Galicia admite que o seu partido "non conseguiu os obxectivos" pero pon a súa mirada cara o futuro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2019 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia



O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, apelou este sábado a "reconstruír o espazo rupturista" para así "ter opcións" nas próximas eleccións autonómicas, que se celebrarán no outono de 2020.

Tras admitir que nas pasadas municipais o seu partido "non conseguiu os obxectivos", o tamén deputado no Congreso puxo a mirada cara ao futuro. "Hai que reflexionar e hai que dar pasos para que a cidadanía volva identificar o noso espazo como o espazo fundamental xa non, por dicilo así, á esquerda do PSOE, senón en xeral o espazo fundamental na esquerda do país para a transformación da Xunta a partir do ano 2020", indicou Gómez-Reino nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press.

Para iso, sinalou que a formación morada debe ser a "dinamizadora" dese espazo e chamou a sumar ao resto de actores. Así, fixo referencia sen nomeala a Anova, pero non a Luís Villares, o portavoz de En Marea. Para o líder de Podemos en Galicia hai que "facer un espazo que sexa suficientemente cómodo para que as diferentes candidaturas municipais e as organizacións que, por exemplo, nas eleccións xerais decidiron non participar poidan estar cómodas".

Segundo el, a clave é que "hai que aprender a sumar" e hai que "construír unha cultura democrática de acordos", xa que, ao seu xuízo, a sociedade "clarísimamente" di que "hai que chegar a acordos", por iso destacou a predisposición de Podemos Galicia sobre este feito.

BEIRAS

Preguntado polo 'twit' que Xosé Manuel Beiras publicou sobre os resultados das municipais en Santiago de Compostela, Gómez-Reino preferiu "non entrar". Aínda así, afirmou que "moitas veces se expresan formas en ferramentas telemáticas, ás veces sen saber moi ben na forma na que hai que comunicarse na linguaxe das redes sociais e probablemente está a ser malentendido". Neste sentido, engadiu que nas redes sociais, "do mesmo xeito que na relación coa cidadanía", hai que ser "escrupulosos" e "respectuosos" co que a xente vota.

AMANCIO ORTEGA

Cuestionado tamén polas palabras de Pablo Igresias e outros líderes da formación morada sobre o dono de Inditex, Amancio Ortega, durante a campaña, Gómez-Reino mostrouse convencido de que "o propio Ortega é a primeira persoa interesada en que haxa mecanismos estritamente legais para que poida contribuír en todo o que é necesario", dado ao volume dos movementos económicos das súas sociedades. Ademais, sinalou que Amancio Ortega "probablemente" estaría de acordo co que dixeron tanto Isabel Serra como Igrexas.

Gómez-Reino apela a 'reconstruír o espazo rupturista' para 'ter opcións' nas eleccións autonómicas. CRTVG
Gómez-Reino apela a 'reconstruír o espazo rupturista' para 'ter opcións' nas eleccións autonómicas. CRTVG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 antón de guizán

Que casualidade o mesmo día Antonio Gomez Reino e Antón Sánchez, facendo as mesmas declaracións. Vai seguir Anova sometido ós partidos centralistas?

1 Prístino

Co Antón Sánchez e o Martiño como referência de Anova, tem toda a pinta.

2 Multinick

O único que temos seguro é que quen vai seguir sometido aos partidos centralistas é o BNG. Agora mesmo xa se está a ofrecer ao PSOE español para volver ser a súa muleta rexionalista.

3 Prístino

Podemos , por contra, fuge de pactar co PSOE como do demo.