Atropelada unha nena por un camión en Poio

A rapaza quedou ferida debaixo do vehículo.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/06/2019 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia interviñeron na mañá deste luns para liberar a unha nena que resultou ferida de consideración tras ser atropelada por un camión e quedar atrapada debaixo do vehículo no municipio de Poio (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, a nena cruzaba a Avenida da Barca, á altura do número 32, cando foi atropelada. Os bombeiros tiveron que levantar o camión para liberar á menor.

Os feitos ocorreron sobre as 8,30 horas. Tras recibir a alerta dunha persoa, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención do 061, do GES de Sanxenxo, dos Bombeiros de Pontevedra e de Ribadumia, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada que evacuou á menor ao Hospital Provincial en Pontevedra, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

DECLARACIÓN

A Policía Local de Poio (Pontevedra) XA abriu unha investigación e procedeu a tomar declaración a condutoras testemuñas do sinistro. Así o explicaron a Europa Press fontes policiais, que manifestaron que procederon a tomar declaración a testemuñas e outras persoas implicadas para esclarecer o atropelo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta