Aumentan os mortos nas estradas galegas con respecto ao pasado ano

Nos cinco primeiros meses 42 persoas faleceron en 39 accidentes de tráfico, fronte ás 27 vítimas en 27 sinistros o ano pasado.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/06/2019 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

A sinistralidade viaria aumentou en maio en Galicia ao pecharse con 12 persoas falecidas en nove accidentes de tráfico, fronte ao nove vítimas en nove sinistros no mesmo mes de 2018, o que supón un 33,3% por cento máis de mortos en sinistros.

Segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), A Coruña foi a provincia na que se rexistrou o pasado mes de maio un incremento do 75% das vítimas mortais, ao pasar de catro en 2018 a sete este 2019, mentres que en Pontevedra mantivéronse tres falecidos, un en Lugo e un en Ourense, como hai un ano.

En canto ao número de accidentes con falecidos rexistrados na rede viaria galega o pasado mes, aumentaron nun 50% na provincia da Coruña --de catro a seis-- e descenderon un 66,7% na de Pontevedra --de tres a un--. Polo seu lado, en Lugo e Ourense mantívose a cifra nun en cada caso.

Dos 12 accidentes de tráfico rexistrados o pasado mes de maio na Comunidade galega, catro foron colisións; tres, saídas de vía; dous atropelos e un, un envorco, mentres que os outros dous enmárcanse en "outros tipos", indica a DXT no seu balance.

En canto ás idades das vítimas mortais, tres dos mortos na rede viaria galega o pasado maio tiñan entre 15 e 24 anos; catro situábanse entre os 25 e 34 anos; tres, entre os 35 e 64; e dous falecidos eran maiores de 65.

XANEIRO-MAIO

No que vai de ano, entre xaneiro e maio, 42 persoas faleceron en 39 accidenAumenta a siniestralidade viaria en maio en Galicia, ao pecharse con tres máis que o mesmo mes de 2018tes de tráfico en Galicia, fronte ás 27 vítimas en 27 sinistros no mesmo período de 2018.

Estes datos supoñen un incremento do 55,6 por cento do número de mortos na rede viaria galega entre xaneiro e maio de 2019 e un aumento do 44,4% en sinistros mortais.

En canto ás persoas falecidas, na provincia da Coruña pasaron de 15 a 19; en Pontevedra de catro a 13; en Lugo, de tres a cinco; e en Ourense mantívose a cifra en cinco.

Accidente en Galicia
Accidente en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta