Publicada a orde de axudas dirixidas a concellos para contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este luns a orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito da colaboración coas entidades locais galegas. As contratacións serán para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, ata un máximo de 12 mensualidades e o orzamento global é de 800.000 euros, financiados prol o Pacto de Estado.

A finalidade desta liña de axudas, explicou a Xunta, é contribuír a que as mulleres consigan unha "maior autonomía" a través da promoción da súa independencia económica e da súa "empoderamiento", así como reforzar as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable.

A contía da subvención que se concederá ás entidades locais beneficiarias será, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extra e as cotas á Seguridade Social.

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta resolución os concellos galegos mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades e consorcios locais, así como entidades resultantes dunha fusión municipal. Para poder beneficiarse, será necesario remitir as contas do exercicio 2017 ao Consello de Contas de Galicia.

Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade. EUROPA PRESS - Arquivo
Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta