A nena de Poio foi atropelada polo camión nun paso de peóns

O accidente produciuse cando ía de camiño ao colexio.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/06/2019 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A nena de 12 anos de idade ferida este luns no termo municipal de Poio foi atropelada cando cruzaba un paso de peóns de camiño ao colexio. Segundo relataron a Europa Press fontes municipais, das primeiras pescudas constatouse que a menor cruzaba un paso de peóns regulado por semáforo, que estaba en ámbar con preferencia para os peóns, cando un vehículo que circulaba sentido Pontevedra deulle un primeiro golpe e desprazouna ao outro carril, onde un camión que ía sentido Sanxenxo arroiouna e a nena quedou debaixo do vehículo.

A menor foi evacuada nunha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Provincial en Pontevedra, onde foi ingresada e "estabilizada" en observación con prognóstico reservado. As mesmas fontes municipais comentaron que os golpes de importancia levounos na zona da cadeira e "algo na barriga".

INVESTIGACIÓN

A Policía Local de Poio abriu unha investigación en relación ao atropelo ocorrido na mañá deste luns no marco da cal procedeu a tomar declaración a condutoras testemuñas do sinistro e implicados.

Os servizos de emerxencia interviron na mañá deste luns para liberar á nena, que resultou ferida de consideración tras ser atropelada e quedar atrapada debaixo dun camión. A nena cruzaba a Avenida da Barca, á altura do número 32, cando foi atropelada. Segundo informou o 112 Galicia, os bombeiros mobilizados tiveron que levantar o camión para liberar á menor.

Os feitos ocorreron sobre as 8,30 horas. Tras recibir a alerta dunha persoa, o 112 Galicia solicitou a intervención do 061, do GES de Sanxenxo, dos Bombeiros de Pontevedra e de Ribadumia, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta