Ferida unha moza tras chocar o turismo no que circulaba cun camión en Santiago

O sinistro produciuse á altura de Conxo e a vítima precisou ser liberada do interior do coche.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Unha moza que circulaba nun turismo resultou ferida despois de chocar este luns o seu vehículo cun camión no municipio de Santiago de Compostela.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar na SC-20, debaixo da rotonda de Conxo, sentido Milladoiro, sobre as 12,30 horas deste luns e a vítima precisou ser liberada ao quedar atrapada no interior do coche accidentado.

Varias persoas contactaron co 112 Galicia para avisar do accidente sobre as 12,30 horas, tras o que o servizo de emerxencias informou da situación ao 061, aos Bombeiros de Santiago, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Unha vez no lugar do sinistro, persoal de emerxencias liberou á persoa accidentada sen empregar o material. Tras iso, unha ambulancia medicalizada do 061 levou á muller ferida, L.M.J.C., de 27 anos, ao Hospital Clínico, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Camións nunha estrada
Camións nunha estrada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta