O futuro de Feijóo volve ao centro do debate político

A viceportavoz do grupo Popular di que "non cabe dúbida de que Feijóo é un magnífico presidente difícil de substituír". O PSdeG asegura que o cambio "se vai producir en Galicia" con "independencia de quen sexa o candidato do Partido Popular"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2019 | Actualizada ás 15:45

Comparte esta noticia

A viceportavoz do PP no Parlamento de Galicia, Paula Prado, destacou este luns ao presidente da Xunta e dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, como un "magnífico presidente" e un "referente", polo que "a ninguén a cabe dúbida de que a súa substitución sería difícil".

Así respondía Prado aos xornalistas cando foi cuestionada polas declaracións deste domingo do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que admitía que "a todo o PP lle gustaría que Feijóo volvese ser candidato e gañase por cuarta vez con maioría absoluta", aínda que argumentaba que "ser candidato é unha decisión que ten moitos compoñentes e un persoal moi importante", xa que, a diferenza do resto de partidos da oposición, o PPdeG aínda non elixiu ao seu candidato para as eleccións autonómicas de 2020.

Paula Prado
Paula Prado | Fonte: Europa Press

"Escoitei ao vicepresidente e non escoitei algunha dúbida respecto diso", subliñou a viceportavoz popular, quen descartou que "este debate estea aberto".

Neste sentido, insistiu en que o presidente da Xunta na actualidade é Feijóo, polo que aínda o partido non está en "procesos de autonómicas", polo que indicou que "non é o momento para este debate". "É un magnífico presidente e loxicamente é difícil de substituír", sentenciou Paula Prado.

RESPOSTA DO PSDEG

Pola súa banda, preguntado sobre o futuro de Núñez Feijóo, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, subliñou que o cambio "se vai a producir" en Galicia con "independencia de quen sexa o candidato do Partido Popular".

"Con Feijóo ou sen Feijóo é un asunto do PP, alá eles, que fagan o que consideren mellor para os seus intereses", manifestou Leiceaga, que incidiu en que "hai unha demanda de cambio" na sociedade galega e o PSOE está "disposto a encabezar ese cambio". "Cremos que nos toca", apuntou.

E é que, conforme sinalou, "o tres resultados electorais encadeados indican" que o Partido Socialista está "en condicións de superar o Partido Popular en votos e encabezar unha alternativa progresista".

"O que queda moi claro é que as forzas da oposición en Galicia son nestes momentos moi maioritarias no sentir dos cidadáns e sería unha grave irresponsabilidade non estar á altura das circunstancias e non facer todo o posible para que iso se traslade a unha alternativa cando toque, nas próximas eleccións autonómicas, que ten que ser encabezada polo PSOE", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gincho

A voz autorizadísima da Sra. dos “regalos de la hóstia” e outras herbas. Polo tanto, veremos.