A reciclaxe de envases de medicamentos en Galicia é 15 puntos superior á media de España

Con todo, esta práctica apenas creceu en Galicia un 4,21% nos últimos cinco anos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/06/2019 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A reciclaxe de envases de medicamentos, baleiros ou con restos, creceu en Galicia unha media do 4,21% no últimos cinco anos, segundo datos de SIGRE, entidade que se centra na reciclaxe e tratamento ambiental deste tipo de residuos.

Punto SIGRE.
Punto SIGRE.

Sobre a opinión dos galegos respecto deste tipo de reciclaxe, un 95% deles xa tomou conciencia diso e opina que non usar o Punto SIGRE para reciclar estes residuos é prexudicial para o medio ambiente e que tirar restos de medicamentos ao lixo ou polo desaugadoiro contamina as augas e dana os ecosistemas.

Estes datos fixéronse públicos ao cumprirse 18 anos desde que se comezaron a implantar os Puntos SIGRE nas farmacias de Galicia. En concreto, en 2018, a recollida media en Galicia situouse nos 119,28 gramos de envases baleiros ou con restos de medicamentos por habitante ao ano, superando en 15 puntos a recollida media por habitante ao ano alcanzada a nivel estatal.

Para Juan Carlos Mampaso, directo xeneral de SIGRE, "o dobre beneficio ambiental e socio-sanitario ligado á reciclaxe dos envases e restos de medicamentos tivo unha gran acollida en Galicia, ata o punto de ser a cuarta comunidade autónoma cuxos habitantes contribúen en maior medida á correcta reciclaxe destes residuos".

Na actualidade, as 1.333 farmacias existentes en Galicia dispoñen dun Punto SIGRE. Ademais, 15 almacéns da distribución farmacéutica, a través da denominada loxística inversa, encárganse de retirar estes residuos da farmacia e custodialos nos seus almacéns, en zonas habilitadas para o efecto, ata que son retirados polo xestor ambiental.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta